Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Informática para a Xestión Náutica
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Informática para a Xestión Náutica Código 631510205
Titulación
Mestrado Universitario en Náutica e Transporte Marítimo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Vidal Paz, Jose
Correo electrónico
jose.vidal.paz@udc.es
Profesorado
Vidal Paz, Jose
Correo electrónico
jose.vidal.paz@udc.es
Web
Descrición xeral
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Traballos tutelados (computa na avaliación) *Metodoloxías docentes que se modifican - Sesión maxistral (a través de Teams e vídeos en Stream) - Proba obxectiva (a través de Moodle e Teams) (computa na avaliación) 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: Diariamente. Uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer seguimento dos traballos tutelados. - Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen dos contidos teóricos de todos os temas organizados nuhna páxina web, na que ademáis se lles proporciona arquivos de exemplo para que o alumnado poida traballar sobre os contidos teóricos. Tamén dispoñen de vídeos de elaboración propia en Stream para complementar esos contidos teóricos, nos que se explica a resolución dos exemplos. Ademáis, dispoñen de enlaces a páxinas web con manuais e tutoriais. Tamén se lles proporcionan enlaces directos á bibliografía dispoñible na UDC. - Teams: 1 sesión semanal de 2 horas en grupo único para avanzar nos contidos teóricos na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da escola, así como para o seguimento e apoio dos traballos tutelados. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades de aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación - A proba obxectiva, así como a presentación e defensa dos traballos, pasarán de ser presenciais a ser on-line. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo de maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes