Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Informática para a Xestión Náutica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A23 B2 B5 B7 B9 B10 B11 B12 B14 B16 C2 C3 C6 C7 C8 C13 A nota final ven determinada pola aplicación de xestión desenvolvida polo alumnado ao longo do curso, na que se valorará especialmente a incorporación dos medios e solucións aprendidos ao longo do cuadrimestre. 100
 
Observacións avaliación

O alumnado ten dúas posibilidades de avaliación:

1. A avaliación continua. Mediante esta via o alumnado ten a posibilidade de superar a asignatura por curso mediante a presentación dunha aplicación de xestión baseada nun Banco de Datos. No caso de acadar máis de 50 puntos, non terá que facer a proba final da 1ª oportunidade. O 100% da nota virá de este traballo.

2. A avaliación mediante proba obxectiva final. Esta vía aplicarase cando o alumno non acade un minimo de 50 puntos ao longo do curso. Neste caso o alumnado examinarase do temario completo, e o 100% da nota virá de esta proba obxectiva

Os criterios de avaliación contemprados no cadro A-II/2 do Código STCW e recollido no Sistema de Garantía de Calidade teránse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017)
 - Asistencia/participación nas actividades de clase mínima: pode ser compensada co desenvolvemento a distancia (embarcado) da aplicación de xestión, realizando as titorías a través da plataforma virtual Moodle.
 - Cualificación: 
   1. Avaliación contínua: terá que presentar e defender a aplicación de xestión na data establecida, e o 100% da nota virá de este traballo. No caso de non poder defendela na data correspondente, permitiráselle defendela diante do profesor ao longo do segundo cuadrimestre, constituindo ésta a nota da 2ª oportunidade.
   2. Proba obxectiva final: terá dereito a esta vía examinándose do temario completo, e o 100%% da nota vira de esta proba obxectiva.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes