Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Particularidades do Dereito Marítimo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A16 A22 B1 B3 B9 B10 B13 B15 B16 O alumnado que asista a clase cunha regularidade superior ao 80%, a súa cualificación farase mediante a AVALIACIÓN CONTINUA da seguinte forma:
Valorarase a asistencia e participación do alumnado na aula, así como a realización e exposición de casos prácticos e traballos con exposición e debate na clase. Terase en conta a profundidade do contido, a linguaxe adecuada ao contexto xurídico, o uso de fontes documentais complementarias e actuais, así como a presentación e claridade na exposición.
50
Proba obxectiva A16 A22 B1 B3 B4 Para os alumnos que NON asistisen a clases regularmente na aula nun 80%, terán que:
Elaborar un proxecto encomendado polo profesor. E tamén realizar os casos prácticos referenciados en Moodle que se desenvolveron durante o curso.
Tanto para o traballo como para os casos terase en conta a profundidade do contido, a linguaxe adecuada ao contexto xurídico, o uso de fontes documentais complementarias e actuais, así como a presentación e claridade da exposición.
50
 
Observacións avaliación

Á hora de deseñar e realizar a avaliación teranse en conta os criterios de avaliación contemplados na táboa A-II/2 do Código STCW, e incluídos no Sistema de Garantía de Calidade.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención académica de exención de asistencia, segundo o establecido pola NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO
NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (05/04/2017) poderá realizarse ás probas parciais, se é o caso, sen necesidade de asistir ou O 80 % das clases presenciais, sempre que o profesorado estea debidamente informado ao comezo do curso. Sen prexuízo do anterior, o profesorado poderá asignarlle a estes alumnos diferentes traballos/problemas ao longo do curso para ser expostos nas horas de titoría. .

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na forma da convocatoria correspondente, quedando sen efecto calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación da convocatoria extraordinaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes