Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Informática de Control
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B2 B5 B7 B9 B10 B11 B14 B16 C2 C5 C6 C8 C10 C12 A presentación dos traballos terá unha valoración de 30 puntos 30
Prácticas de laboratorio B2 B7 B10 B13 B14 C10 A montaxe e configuración dunha rede no laboratorio terá unha valoración de 30 puntos 30
Simulación B2 B5 B7 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C2 C6 C10 C12 O desenvolvemento dun sinxelo SCADA terá una valoración de 40 puntos 40
 
Observacións avaliación
Na primeira oportunidade, o alumno ten dúas posibilidades de avaliación:

1. A avaliación continua. Mediante esta vía o alumno ten a posibilidade de superar a asignatura mediante o desenvolvemento e presentación dun SCADA, a participación na montaxe e configuración da rede, e a exposición dun traballo que profundice nos contidos abordados na materia. No caso de acadar máis de 50 puntos, non terá que facer a proba obxectiva final.

2. A avaliación mediante proba obxectiva final. Esta vía aplicarase cando o alumno non acade un minimo de 50 puntos ao longo do curso. Neste caso, o alumno se examinará do temario completo e o 100% da nota virá de esta proba.



Na segunda oportunidade, a única posibilidade de avaliación será a proba obxectiva final.



Os estudantes con dedicación a tempo parcial deberán respectar as datas que se fixen para a entrega das distintas tarefas, pero poderán realizar a súa presentación e defensa noutras datas e horas (de xeito presencial ou mediante videoconferencia). Asimesmo poderán realizar unha proba de resposta múltiple como alternativa ás prácticas de laboratorio.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes