Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Física
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A8 A9 B3 B4 B6 B9 C10 Realizarase a avaliación continua atendendo tanto á actitude e a participación do alumno como ao grao de cumprimento reflectido na memoria do traballo realizado.

A asistencia a prácticas e a presentación da memoria terán carácter obrigatorio.
10
Proba obxectiva B13 B14 B15 Avaliación de coñecementos e comprensión dos contidos básicos da materia, considerando as habilidades, destrezas, estratexias e formulacións utilizadas polo alumno na resolución de problemas.

Valorarase expresamente o grao de evolución do alumno e a súa capacidade para analizar e resolver problemas puntuais, requiríndose unha formación teórico-práctica equilibrada.


70
Solución de problemas A8 B2 B6 B9 B14 B15 B16 Avaliarase a evolución na resolución dos problemas que se expoñan ao alumnado de forma individual ou grupal, ben nas clases interactivas ou ben na plataforma moodle da asignatura. 20
 
Observacións avaliación

O alumno poderá ser avaliado de dous modos diferentes: 

AVALIACIÓN CONTINUA: O traballo do alumno ao longo do curso será avaliado de forma continua a través das seguintes probas:

1) Resolución dos problemas expostos nos seminarios: ata unha puntuación máxima de 2 puntos.

2) Prácticas de laboratorio: puntuación máxima de 1 punto.

3) Probas obxectivas: A materia dividirase en dous bloques e realizarase unha proba por bloque:

3.1) Bloque I (Temas 1-7 e 9): Puntuación máxima 4 puntos e mínima 1.5 puntos.

3.2) Bloque II (Tema 8 e 10-17): puntuación máxima 3 puntos e mínima 1 punto.

A calificación final do alumno que aparecerá nas actas da materia será o suma das calificación obtidas nos apartados anteriores: 1)+2)+3.1)+3.2), sempre e cando ámbalas dúas puntuacións nos apartados 3.1) e 3.2) acaden o valor mínimo indicado para computar na calificación final. No caso contrario a calificación que aparecerá nas actas será a suma dos apartados 1) e 2).

Os alumnos que non acadaran a puntuación mínima nos apartados 3.1) e/ou 3.2) terán unha segunda oportunidade nas convocatorias oficiais de ser evaluados do bloque ou bloques nos que non acadaron o mínimo. 

Na segunda oportunidade se manterán as calificacións correspondentes ós apartados 1) e 2). Serán calificados de novo os apartados 3.1) e/ou 3.2)

Os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia poderán seguir a avaliación contínua do seguinte xeito:

1) Se colgarán na plataforma moodle problemas porpostos ao alumnado para a súa resolución e entrega o profesor.

2) As prácticas de laboratorio teñen carácter obrigatorio. O alumno deberá poñerse en contacto co profesor para buscar o xeito de cumplir este requisito.

3) As probas obxectivas poderán facerse na convocatoria de exame oficial (primeira e segunda oportunidade)

AVALIACIÓN ÚNICA CON EXAME FINAL: 

Calquera alumno terá dereito a seguir a avaliación final, aínda que inicialmente optase por realizar a avaliación continua. Os alumnos poderán renunciar á avaliación continua, co fin de ser avaliados polo método de avaliación única con exame final, en calquera momento do curso, a condición de que o comuniquen ao profesor por escrito e nunha data anterior á data de convocatoria da convocatoria oficial.

A cualificación final do alumno será resultado da suma das seguintes cualificacións:

1) Proba obxectiva: puntuación máxima sobre 9 puntos. Esta avaliación realizarase coincidindo coas oportunidades oficiais.

2) Prácticas de laboratorio: puntuación máxima sobre 1 punto. 

IMPORTANTE: É REQUISITO INDISPENSABLE a realización das prácticas e a entrega da memoria correspondente para a superación da materia, independentemente do método de avaliación aplicado. Aqueles alumnos que non realicen e/ou non entreguen a memoria figurarán coa materia como NON SUPERADA.

Para a obtención da cualificación de non presentado aplicásese o articulo 21 2.b das "NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DÁS CUALIFICACIÓNS DÚAS ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO" Aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013 e Modificada polo Consello de Goberno do 30 de abril de 2014 (texto refundido)”

Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-II/1 do Código STCW, e recollido no Sistema de Garantía de Calidade, teránse en conta a hora de deseñar e levar a cabo a avaliación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes