Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Física
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A8 A9 B3 B4 B6 B9 C10 Realizarase a avaliación continua atendendo tanto á actitude e a participación do/da alumno/a como ao grao de cumprimento reflectido no informe do traballo realizado.

A asistencia a prácticas e a presentación do informe terán carácter obrigatorio.
20
Proba obxectiva B13 B14 B15 Avaliación de coñecementos e comprensión dos contidos básicos da materia, considerando as habilidades, destrezas, estratexias e formulacións utilizadas polo/a alumno/a na resolución de problemas.

Valorarase expresamente o grao de evolución do/da alumno/a e a súa capacidade para analizar e resolver problemas puntuais, requiríndose unha formación teórico-práctica equilibrada.
60
Proba de resposta múltiple A8 A9 B3 B5 B9 B15 Proporánse test sobre os conceptos teóricos da materia que o/a alumno/a deberá resolver. 20
 
Observacións avaliación

AVALIACIÓN DURANTE O CURSO: 

O traballo do/da alumno/a ao longo do curso será avaliado de forma continua a través do xeito seguinte:

1) Resolución de probas de resposta múltiple: Puntuación máxima: 2 puntos. 

2) Prácticas de laboratorio: puntuación máxima 2 puntos.

3) Proba obxectiva final: Puntuación máxima 6 puntos. Puntuación mínima 2,5 puntos.

A cualificación final do/da alumno/a que aparecerá nas actas da materia será o suma das cualificacións obtidas nos apartados anteriores. Sempre e cando se acade a cualificación mínima establecida para a proba obxectiva final de 2,5 puntos. De non ser o caso, a cualificación final será a da proba obxectiva.

REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:

- Ter asistido ás prácticas e entregado todos os informes.
- Obter o mínimo establecido na proba obxectiva final e chegar a unha cualificación final igual ou superior a 5.

Alumnado Repetidor:

Os /as alumnos /as que teñan feito as prácticas en cursos anteriores e entregado o informe correspondente estarán exentos da realización das mesmas no presente curso sempre e cando firmen a renuncia voluntaria nun prazo anterior ó comezo das mesmas. Neste caso: a cualificación do apartado 2) será a que figure no arquivo da materia para ese/a alumno/a. Esta cualificación será publicada previamente ó comezo das sesión de prácticas. 

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: 

Buscaránse métodos alternativos para que o/a alumno/a faga as probas de resposta múltiple e as prácticas de laboratorio co fin de poder ser avaliado nos apartados 1) e 2). 

AVALIACIÓN NA SEGUNDA OPORTUNIDADE:

 A proba obxectiva abarcará todo o temario e computará un 60% da avaliación. Se manterán as cualificacións obtidas para as probas de resposta múltiple e prácticas de laboratorio nas mesmas condicións que na primeira oportunidade, é dicir; se sumarán estas cualificacións sempre que a cualificación acadada na proba obxectiva supere a nota mínima de 2,5 puntos. 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, una vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria. 

Para a obtención da cualificación de non presentado aplicásese o artigo 21 2.b das "NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DÁS CUALIFICACIÓNS DÚAS ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO" Aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013 e Modificada polo Consello de Goberno do 30 de abril de 2014 (texto refundido)”

Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-II/1 do Código STCW, e recollido no Sistema de Garantía de Calidade, teránse en conta a hora de deseñar e levar a cabo a avaliación.


 

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes