Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Construcción Naval
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A10 B1 B4 B5 B6 B7 B15 C10 En relación cos traballos tutelados valorarase:
– A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A profundidade do contido.
- O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas.
- O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A presentación e a claridade da exposición.
20
Proba mixta A3 A10 A24 B1 B4 B5 B6 B7 B15 C10 Cada Proba Mixta poderá integrar preguntas tipo de probas de ensaio, preguntas abertas de desenvolvemento, de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
80
 
Observacións avaliación

Para
ter o dereito a avaliación continua, será necesario como mínimo un 80% da
asistencia ás clases presenciais. A nota final da Avaliación Continua será dun
80% de Probas Mixtas e un 20% de Traballo Tutelado. A nota da Proba Mixta será
a media das Probas Mixtas ó longo do curso. Para poder facer a media destas
Probas Mixtas é necesario obter nota mínima de 4 sobre 10 en cada una.

O
alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica
de exención de asistencia (segundo establece a "Norma que Regula o Réxime
de Dedicación ao Estudo dos Estudantes de Grao na UDC”), poderá acollerse á
Avaliación Continua sen necesidade de asistir o 80% das clases presenciais.
Para iso, estes/as alumnos/as informarán debidamente os profesores, ao
principio do curso, da devandita situación de dispensa académica e así como da
súa dispoñibilidade horaria de asistencia. Á marxe do Traballo Autónomo que
consta nesta Guía Docente, os profesores poderán encargarlle a este alumnado
diferentes traballos/problemas ao longo do curso para ser expostos ou resoltos en horario
de titorías.

O alumnado que non siga o curso presencial (asistencia menor do 80%), ou que non superase a Avaliación Continua, poderase presentar ás convocatorias finais de xaneiro e xullo. A avaliación destas convocatorias consistirá nunha Proba Mixta que poderá integrar preguntas tipo de probas de ensaio, preguntas abertas de desenvolvemento, de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Os contidos destas Probas Mixtas poderán abarcar calquera contido da materia.

Na proba mixta correspondente á convocatoria de xaneiro manteranse as notas obtidas nas probas parciais, podendo o alumno presentarse só ás non superadas. A Proba Mixta da convocatoria de xuño suporá o 100% da cualificación, polo que se avaliará toda a materia.

Espérase
un comportamiento ético o longo do curso. O uso de equipos ou materiais non
permitidos nos exames, copiar as respostas por algún medio non autorizado ou o
plaxio conlevarán una nota de 0 na avaliación final da materia.

O
descoñecemento dalgúns conceptos básicos pode ser eliminatorio. Durante o curso
iranse citando cales son.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes