Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Informática
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Informática Código 631G01110
Titulación
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Vidal Paz, Jose
Correo electrónico
jose.vidal.paz@udc.es
Profesorado
Vidal Paz, Jose
Correo electrónico
jose.vidal.paz@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia encádrase dentro das materias básicas das enxeñarías, e máis concretamente considérase como unha materia transversal porque as competencias adquiridas son importantes para cursar a maioría das materias da titulación. No ano 2017, o Comité de Seguridad Marítima da IMO publica a resolución MSC.428(98) relativa á xestión dos riscos cibernéticos no sector marítimo nos sistemas de xestión da seguridade, a cal entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2021. Así mesmo, tamén publica as "Guías sobre gestión del riesgo cibernético”, que proporcionan recomendacións que se deben adoptar a bordo dos buques. Estas novas necesidades xurdidas nestes últimos anos supuxeron un punto de inflexión no sector marítimo, no cal se lle comezou a dar unha maior importancia á seguridade dos seus sistemas IT/OT. As competencias adquiridas nesta materia serán de gran importancia para o desenrolo da profesión dos futuros egresados en Náutica, porque posuirán coñecementos sobre o tipo de riscos cibernéticos aos que van a estar expostos, e estarán capacitados para tomar medidas preventivas, analizar rexistros de acceso para detectar incidentes e executar unha política de copias de seguridade para poder recuperar os equipos ao seu estado operativo inicial. Dentro do plan de estudos, aínda que esta materia pódese considerar relacionada con case todas as da titulación, garda unha estreita relación coas Matemáticas (resolución de problemas, representación e interpretación de resultados), así como con Electricidade e Electrónica (codificación da información, hardware, redes). Tamén se considera que está relacionada co Inglés, pois moita da información a manexar (libros, Internet, manuais, videotitoriais, ...) atópase neste idioma.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes