Teaching GuideTerm
Higher Technical University College of Nautical Science and Naval Engines
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Subjects
  Informatics
   Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Realizarase unha explicación introdutoria dos contidos de cada tema. Proporcionaránselle ao alumnado ou ben materiais ou ben indicacións de como consultar fontes adicionais para profundizar no estudo do tema. Os conceptos básicos serán traballados individualmente polo alumno no aula contando coa asistencia do profesor e utilizando exercícios ou tutoriais que este previamente terá preparados na plataforma de aprendizaxe da universidade. Ademáis tamén se lles proporcionarán vídeos que poden visualizar de maneira asíncrona.
Laboratory practice Unha vez tratados os temas de Hardware e Sistemas Operativos, o alumnado deberá poñer en práctica os coñecementos teóricos adquiridos, para o que deberán ensambar equipos informáticos, instalar distintos S.O., e configurar un S.O. e unha rede wi-fi. Estas prácticas levaránse a cabo nun laboratorio (taller de montaxe).
Problem solving As clases maxistrais dos 2 primeiros temas combinaránse coa resolución de problemas escritos no aula, debatindo as solucións co alumnado para afianzar os coñecementos matemáticos nos que se basea o funcionamento das computadoras.
Supervised projects Proporase ao alumnado o desenvolvemento dun primeiro traballo en equipo tutelado sobre o hardware dos ordenadores, co obxetivo de profundizar na aprendizaxe deste tema, incidindo especialmente nos últimos desenrolos postos no mercado.

Ao final do curso se proporá un segundo traballo individual sobre os tres últimos temas da materia, no que teñan que por en práctica o que aprenderon sobre o manexo do catálogo para a adqusición de licencias de cartas ENC, manexo dun ECS para o trazado de derrotas e situación sobre a carta, programación dunha folla de cálculo para o cálculo de rumbos, distancias, situacións estimadas e ETAs dunha derrota, e o manexo dun SIG para a importación e creación de capas con información espacial e a visualización de datos de terceiros a través dos protocolos da OGC.
Oral presentation Exposición do traballo tutelado na clase diante dos compañeiros, respondendo ao final da mesma ás preguntas dos seus compañeiros e o profesorado.
Mixed objective/subjective test A primeira parte da proba consistirá nun cuestionario de problemas en Moodle sobre os temas de Codificación e Lóxica Binaria.

A segunda parte da proba consistirá nun exercicio práctico sobre Bases de Datos e entrega por medio dunha tarefa de Moodle.
ICT practicals Proporánse ao alumnado exercicios prácticos para adquirir as destrezas necesarias no uso de determinadas aplicacións informáticas útiles para o desenvolvemento da sua profesión no ámbito marítimo, de modo que o alumnado terá que poñer en práctica os coñecementos adquiridos e comprobar que estos permítenlle resolver problemas reais. Estas prácticas poderánse levar a cabo tanto nunha Aula de Informática coma nos ordenadores personais do alumnado coas suas propias aplicacións ou facendo uso de escritorios virtuais VDI.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes