Teaching GuideTerm
Higher Technical University College of Nautical Science and Naval Engines
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Subjects
  Informatics
   Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Realizarase unha explicación introdutoria dos contidos de cada tema. Proporcionaránselle ao alumnado ou ben materiais ou ben indicacións de como consultar fontes adicionais para profundar no estudo do tema. Os conceptos básicos serán traballados individualmente polo alumno no aula contando coa asistencia do profesor e utilizando exercicios ou titoriais que este previamente terá preparados na plataforma de aprendizaxe da universidade. Ademais tamén se lles proporcionarán vídeos que poden visualizar de maneira asíncrona.
Problem solving As clases maxistrais do primeiro tema combinaranse coa resolución de problemas escritos no aula, debatendo as solucións co alumnado para afianzar os coñecementos matemáticos nos que se basea o funcionamento das computadoras.
Multiple-choice questions No inicio de cada sesión maxistral o alumnado terá que responder a unha serie de preguntas tipo test relacionadas coa materia tratada na sesión anterior
ICT practicals Levaranse a cabo prácticas sobre a utilización da terminal de comandos do sistema operativo.
Supervised projects Proporase a elaboración dun traballo práctico sobre busca de compoñentes hardware en catálogos web para a instalación e configuración dun equipo informático.
Case study Exporanse distintos casos de ciberseguridade que o alumnado debe analizar, estudar como se producen e ver as solucións que se poden adoptar para evitalos.
Laboratory practice Tratase de poñer en práctica os coñecementos teóricos adquiridos, para o cal probarase como se ensamblan os equipos informáticos, como se instala e configura o S.O., e como se conectan entre si para formar unha rede de ordenadores. Estas prácticas levaranse a cabo nun laboratorio (taller de montaxe).
Mixed objective/subjective test A primeira parte da proba consistirá nun cuestionario sobre as competencias teóricas tratadas nas clases maxistrais.

A segunda parte da proba consistirá nun exercicio práctico sobre as competencias traballadas ao longo do curso nas clases interactivas e clases de prácticas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes