Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Informática
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B6 B8 B10 B11 B12 B19 C3 C9 C13 Avaliación do desenvolvemento e exposición en clase do traballo sobre hardware proposto polo profesor. 60
Presentación oral B2 B5 B10 B11 B12 B19 C3 C5 C6 C9 No traballo avaliarase:
- Contido: 40%
- Estructura: 30%
- Investigación: 15%
- Orixinalidade: 15%

Na presentación oral avaliarase:
- Coñecemento do tema: 35%
- Postura e contacto visual: 23%
- Voz: 29%
- Linguaxe, gramática, vocabulario e estilo: 12%
5
Proba mixta B10 B2 Avaliarase da seguinte maneira:
- Codificación e Lóxica Binaria: 20 ptos
- Base de Datos: 15 ptos
35
 
Observacións avaliación

A avaliación desta materia farase a partir de TRABALLOS TUTELADOS + PROBA MIXTA:

  • Traballos tutelados (65%):
  1. Traballo de hardware e presentación oral (5%): desenvolvemento dun trabajll tutelado en equipo sobre o hardware dos ordenadores e exposición do mesmo ante os seus compañeiros.
  2. Traballo final de Navegación (60%): desenvolvemento dun traballo individual sobre os tres últimos temas da materia, nol que teñan que por en práctica o que aprenderon sobre o manexo do catálogo para a adquisición de licencias de cartas ENC, manexo dun ECS para o trazado de derrotas e situación sobre a carta, programación dunha folla de cálculo para o cálculo de rumbos, distancias, situacions estimadas e ETAs dunha derrota, e o manejo dun SIG para a importación e creación de capas con información espacial e a visualización de datos de terceiros a través dos protocolos da OGC.
  • Proba mixta (35%):
  1. Cuestionario de problemas en Moodle sobre os temas de Codificación e Lóxica Binaria (20%).
  2. Exercicio práctico sobre Bases de Datos e entrega por medio dunha tarefa de Moodle (15%).

OBSERVACIONS:

Primera oportunidade: para poder aprobar a materia será necesario

  • Alcanzar unha Nota total (traballos tutelados + proba mixta) como mínimo do 50% da nota máxima.
  • Entregar e exponer os traballos tutelados na data que se indique.
  • Modalidade de Avaliación Continua.
  • Exame final: aqueles alumnos que non acaden a nota suficiente para aprobar poderán repetir no exame da primeira oportunidade as partes da proba mixta que teñan suspensas.
Segunda oportunidade: nesta oportunidade
  • Aplicaránse os mesmos criterios para aprobar que na primeira oportunidade.
  • Tan só se guardará a nota do traballo de hardware, e se terá que repetir o traballo de Navegación e a proba mixta
Os criterios de avaliación contemprados no cadro A-II/1 do Código STCW e recollido no Sistema de Garantía de Calidade teránse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes