Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Informática
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos B2 B5 B8 B19 C3 C6 C9 C13 Exporanse distintos casos de ciberseguridade que o alumnado debe analizar, estudar como se producen e ver as solucións que se poden adoptar para evitalos, contestando a un cuestionario final. 25
Solución de problemas B2 B5 B19 Farase unha proba de resolución de problemas relacionados co primeiro tema da materia. 15
Prácticas de laboratorio A7 B6 B10 B11 B12 B19 C3 Probarase como se ensamblan os equipos informáticos, como se instala e configura o S.O., e como se conectan entre si para formar unha rede de ordenadores, avaliando o traballo desenvolvido por cada alumno no laboratorio. 25
Prácticas a través de TIC A7 B5 B6 B19 C3 Realizarase unha práctica sobre a utilización da terminal de comandos do sistema operativo. 15
Traballos tutelados A7 B5 B6 B12 Levarase a cabo unha práctica sobre a busca de compoñentes hardware en catálogos web para a instalación e configuración dun equipo informático. 10
Proba de resposta múltiple B8 C9 No inicio de cada sesión maxistral o alumnado terá que responder a unha serie de preguntas tipo test relacionadas coa materia tratada na sesión anterior. 10
 
Observacións avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA:

  • Solución de problemas (15%)
  • Cuestionarios tipo test (10%)
  • Prácticas a través de TIC (15%)
  • Traballos tutelados (10%)
  • Estudo de casos (25%)
  • Prácticas de laboratorio (25%)
Para superar a materia por avaliación continua será preciso obter:
  • Nota mínima final de 50 puntos 
  • Nota mínima nos casos de estudo de 10 puntos 
  • Nota mínima nas prácticas de laboratorio de 15 puntos.

PRIMEIRA OPORTUNIDADE:

Poderanse recuperar as partes suspensas correspondentes a:
  • Solución de problemas (15%)
  • Prácticas a través de TIC (15%)
  • Estudo de casos (25%)

SEGUNDA OPORTUNIDADE:

Avaliarase cunha proba mixta, na que se poderá recuperar o 100% da nota, e que consistirá en:
  1. Proba mixta sobre as competencias teóricas tratadas nas clases maxistrais (50%).
  2. Exercicio práctico sobre as competencias traballadas ao longo do curso nas clases interactivas e clases prácticas (50%).
Para superar a materia na segunda oportunidade será preciso obter:
  • Nota mínima na proba mixta de 20 puntos
  • Nota mínima no exercicio práctico de 20 puntos

OBSERVACIONS:

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017):

  • Na primeira oportunidade se lles avaliará cunha proba mixta e un exercicio práctico seguindo os mesmos criterios que se especifican para todo o alumnado na segunda oportunidade.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á segunda oportunidade e á oportunidade adiantada.

Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-II/1 do Código STCW e recollido no Sistema de Garantía de Calidade teranse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes