Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Inglés II
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Os membros do grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema que preparan de antemano, supervisados polo profesor
Esquemas Representación gráfica e simplificada por parte da profesora de determinados contidos de aprendizaxe
Lecturas Conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan de xeito efectivo a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como exercicios
Presentación oral Exposición verbal a través da cal o alumnado e o profesorado interactúan dun xeito ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas
Proba obxectiva Proba escrita empregada para a evaluación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas
Resumo Consiste nunha síntese dos principais contidos traballados
Sesión maxistral Exposición oral complementada coa introducción dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe
Solución de problemas Técnica mediante a cal se resolven dúbidas concretas sobre os coñecementos que se estudaron
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes