Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Electricidade e Electrónica
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición didáctica, usando diapositivas e pizarra, dos contidos teóricos da materia.
Prácticas de laboratorio Os alumnos desenvolverán unha serie de prácticas no Laboratorio de Electrónica traballando cos dispositivos adecuados (circuítos) e o material de medidas dispoñible. Xunto con ditas prácticas, os alumnos deberán responder a un conxunto de preguntas relacionadas cos temas a desenvolverse naquelas.
Prácticas a través de TIC Os alumnos desenvolverán unha serie de prácticas en PC utilizando o software de simulación de circuítos electrónicos LTSpice. Xunto con ditas prácticas, os alumnos deberán responder a un conxunto de preguntas relacionadas cos temas a desenvolverse naquelas.
Proba oral Presentación e defensa oral por parte do alumno do traballo de práctica proposto polo profesor.
Solución de problemas Formulación e resolución de problemas relacionados cos contidos da materia.
Proba mixta Proba escrita de teoría e resolución de problemas sobre os contidos expostos durante as sesións maxistrais e de resolución de problemas de todo o curso, na que se valorará tanto a comprensión dos devanditos contidos como a súa aplicación á resolución de problemas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes