Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Electricidade e Electrónica
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición didáctica, usando diapositivas e taboleiro, dos contidos teóricos da materia.
Solución de problemas Formulación e resolución de problemas relacionados cos contidos da materia.
Proba mixta Proba de teoría e resolución de problemas sobre os contidos expostos durante as sesións maxistrais e de resolución de problemas de todo o curso, na que se valorará tanto a comprensión dos devanditos contidos como a súa aplicación á resolución de problemas.
Prácticas de laboratorio Os alumnos desenvolverán unha serie de prácticas no Laboratorio de Electrónica, sobre equipos de medida e compoñentes. Xunto con ditas prácticas, os alumnos deberán responder a un conxunto de preguntas relacionadas cos temas a desenvolverse nelas.
Prácticas a través de TIC Os alumnos desenvolverán unha serie de prácticas en PC utilizando o software de simulación de circuítos LTspice. Xunto con ditas prácticas, os alumnos deberán responder a un conxunto de preguntas relacionadas cos temas a desenvolverse nelas.
Traballos tutelados Os alumnos poderán realizar de forma autónoma un traballo proposto polo profesor de prácticas utilizando a ferramenta sóftware (TIC) de simulación de circuítos electrónicos LTSpice. Adicionalmente, ao final do curso e para todos os alumnos que aproben a materia, o alumno poderá solicitar realizar un traballo adicional para optar a subir nota (ver sección de avaliación). A temática deste traballo adicional será proposta polo profesor e estará relacionada con algúns dos contidos da materia.
Proba de resposta breve Os alumnos deberán responder a un conxunto de preguntas relacionadas cos temas a desenvolverse en cada sesión de prácticas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes