Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Manobra I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro B1 B2 B3 B4 B5 B6 B11 B14 B15 B16 B22 C3 C6 C9 C10 C11 C13 Demostración do coñecemento dos nós básicos de forma práctica, así como a asistencia proactiva ás prácticas no simulador e no buque Breogán (se as houber). 10
Proba mixta A10 A14 A15 A16 A17 A21 A35 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B11 B14 B15 B16 B22 C3 C6 C9 C10 C11 C13 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
90
 
Observacións avaliación

Para ter o dereito a avaliación
continua, será necesario como mínimo un 80% da asistencia ás clases
presenciais.

Durante a Avaliación Continua
realizaranse unha ou varias Proba Mixtas sobre os temas do contido da materia.
A nota final da Proba Mixta será a media das diferentes Probas Mixtas que se
poidan desenvolver durante o curso. Para que estas probas fagan media entre se
será necesario unha nota mínima de 4 en cada unha. Tanto se se realizan varias
Probas Mixtas ou soamente realízase unha, a media daquelas, ou a nota desta,
será o 90% da cualificación da Avaliación Continua.

O 10% restante consistirá nunha
proba para demostrar o coñecemento dos nós básicos de forma práctica, así como
a asistencia proactiva ás prácticas no simulador e no buque Breogán (se as
houber).

En calquera caso, a proba de nós é
eliminatoria, sendo necesario superala para aprobar a materia.

O alumnado con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia
(segundo establézase na correspondente normativa da UDC), poderá acollerse á
Avaliación Continua sen necesidade de asistir o 80% das clases presenciais.
Para iso, estes/as alumnos/as informarán debidamente o profesor, ao principio
do curso, da devandita situación de dispensa académica e así como da súa
dispoñibilidade horaria de asistencia. O profesor acordará individualmente con
este alumnado metodoloxías para compensar a non asistencia ás clases
presenciais.

O alumnado que non siga o curso
presencial (asistencia menor do 80%), ou que non superase a Avaliación
Continua, poderase presentar ás convocatorias finais de maio e xullo. A
avaliación destas convocatorias consistirá nunha Proba Mixta que poderá constar
de preguntas teóricas e de preguntas sobre aplicacións prácticas da materia. Os
contidos destas Probas Mixtas poderán abarcar calquera contido da materia.

Como na Avaliación Continua, tamén
se realizará unha proba de nós, que será eliminatoria, sendo necesario superala
para aprobar a materia.

Espérase un comportamento ético o
longo do curso. O uso de equipos ou materiais non permitidos nos exames, copiar
as respostas por algún medio non autorizado ou o plaxio conlevarán unha nota de
0 na avaliación final da materia.

Os criterios de avaliación cumpren cos contemplados nos cadros A-II/1 do Código STCW e as súas emendas relacionados con esta materia

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes