Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Navegación e Organización do Buque
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba práctica A10 A14 A15 B2 B3 B11 B14 B16 Para o alumnado cunha asistencia regular as clases prácticas (ao menos o 80%) realizaranse, ao menos, unha proba práctica para avaliar o seguimento do traballo realizado durante o cuadrimestre (se se vise necesario, poderíanse facer varias). Esta proba consistirá nun ou varios exercicios de navegación ortodrómica, cinemática naval e/ou navegación astronómica, propostos de forma independente ou combinada.
Con esta metodoloxía avaliaranse as competencias A10, A14, A15, B2, B3, B11, B14, B16.
47.5
Prácticas de laboratorio A1 A10 A14 A15 A17 A29 A34 A38 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B20 B22 B23 C3 C7 C11 No caso de que un alumno suspendese a materia cunha nota igual ou maior de 4,5, poderá aprobar a materia a condición de que realizase ao longo do curso o 100% das prácticas propostas en clase.
Con esta metodoloxía avaliaranse as competencias A10, A14, A15, A38, B2, B3, B5, B9, B10, B11, B13, B14, B15, B16, B22 E C3.
5
Proba obxectiva A10 A14 A15 A35 B2 B3 B5 B9 B13 B14 B15 B16 B22 Para o alumnado cunha asistencia regular a clase (ao menos o 80% das clases prácticas) se realizarase unha proba teórica para avaliar o seguimento do traballo realizado durante o cuadrimestre.
Con esta metodoloxía avaliaranse as competencias A10, A14, A15, A35, B2, B3, B5, B13, B14, B15, B16, B22.
47.5
 
Observacións avaliación

O sistema de avaliación
descrito, constitúe a avaliación continua da materia e o alumnado que supere as
probas parciais cunha nota media igual ou superior a 5 non terá que presentarse
ao exame final, a non ser que desexe subir a nota do curso. As probas
avaliaranse en base 10, e a nota mínima para poder compensar por media aritmética
cada unha de elas a hora de obter a nota do curso será dun 3,5. En caso de
obter nalgunha das probas unha nota inferior a un 3,5, para o cálculo da nota
empregarase a media xeométrica ponderada das probas (dando maior peso a menor
nota obtida). En caso de non presentarse a algunha das probas parciais
considerarase que o alumno non está seguindo o sistema de avaliación continua
descrito e será avaliado por curso como non presentado.

Aqueles alumnos que non
sigan o sistema de avaliación continua descrito ou suspendan a materia por
curso, deberán presentarse ao exame final da convocatoria oficial, no cal
entrará a totalidade da materia. As probas parciais non librarán materia para o
exame final.

O exame final (tanto da primeira coma da
segunda oportunidade) constará de dúas partes claramente diferenciadas en canto
a contido e metodoloxía de resolución (unha teórica e unha práctica), que se
corrixirán por separado. Sempre e cando a nota de cada unha de ditas partes
sexa igual ou superior a un 3,5 (en base 10), a nota do exame será a media
aritmética das partes. En caso de obter en algunha das partes do exame unha
nota inferior a 3,5, a nota do exame corresponderase coa media xeométrica
ponderado da das partes (dando maior peso á menor nota obtida). En caso de non
presentarse a algunha das partes, a nota do exame será de cero.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a
tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia non se lle exixirá
unha asistencia mínima para poder presentarse os exames parciais, sen embargo,
deberán acordarse co docente unha serie de titorías (presenciais ou non
presenciais) o longo do curso para acreditar o seguimento da materia.

Os criterios de avaliación
contemplados no cadro A-II/1 do Código STCW na súa forma emendada, e recollidos
no Sistema de Garantía de Calidade, teranse en conta á hora de deseñar e
realizar a avaliación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes