Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Inglés Técnico Marítimo
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Relacionado cos temas das sesions maxistrais, requerirase aos alumnos a realización de actividades, ben en solitario, en parellas ou en pequenos grupos, sobre diversas temáticas. Estas actividades poranse en común na aula, beneficiándose todos os alumnos das informacións recabadas polos seus compañeros.
Lecturas Levaranse a cabo clases sobre determinados temas nas que o material central serán documentos e informes reales de traballo no ámbito marítimo. Sobre esta documentación os alumnos realizarán tarefas específicas para fomentar a comprensión lectora e a pronunciación.
Traballos tutelados Ademais dos traballos propostos para a aprendizaxe colaborativa, proporanse outros, tutelados e de carácter individual naqueles temas que necesiten especial profundización.
Proba oral Proponse a realización dunha breve proba oral co fin de comprobar os avances do alumno con relación as súas destrezas oral e auditiva.
Proba obxectiva A proba obxectiva consistirá nun exame teórico sobre os contidos desenrolados na asignatura
Proba de resposta múltiple Realización dun test tipo Marlins
Presentación oral Levaránse a cabo varias intervencións orais na aula o longo do curso
Prácticas a través de TIC Propoñeranse unha serie de actividades que o alumnado terá que realizar na aula e no seu tempo de autoestudo utilizando as TIC.
Sesión maxistral Cada un dos temas propostos no apartado 3. Contidos, será desenrolado en sesión maxistral .
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes