Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Informática Aplicada
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Realizarase unha explicación introdutoria dos contidos de cada tema. Proporcionaráselle ao alumnado ou ben materiais ou ben indicacións de como consultar fontes adicionais para profundar no seu estudo. Os conceptos teóricos básicos serán tratados na aula, e tamén se introducirán os conceptos prácticos por medio de exemplos e titoriais que estarán dispoñibles na plataforma de aprendizaxe da universidade para que o alumnado poida iniciarse no uso das aplicacións que vai empregar durante as sesións prácticas. Ademais tamén se lles proporcionarán vídeos que poden visualizar en modo asíncrono.
Proba de resposta múltiple Ó inicio da sesión maxistral, o alumnado terá que responder a una serie de preguntas tipo test relacionadas coa materia tratada na sesión anterior.
Prácticas a través de TIC Levaranse a cabo prácticas sobre o uso dun catálogo de cartas náuticas, un plotter de cartas ENC, unha aplicación SIG, unha folla de cálculo e unha plataforma de programación low-code.
Traballos tutelados Proporase a elaboración dun traballo práctico consistente na programación dunha App para o cálculo de carga, calados, trimado, estabilidade e esforzos estructurais dun buque.
Proba mixta O alumnado que non acade unha nota mínima de 5 coas prácticas e traballos propostos ao longo do cuadrimestre terá dereito a ser avaliado por medio dunha proba mixta, na que terá que resolver problemas similares aos propostos nas sesións prácticas ao longo do curso.
A proba desenrolarase facendo uso da plataforma de aprendizaxe da universidade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes