Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Informática Aplicada
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A10 A14 B5 B8 B12 B15 C3 C13 O alumnado terá que entregar unha serie de exercicios sobre o uso dun catálogo de cartas náuticas, un plotter de cartas ENC, unha aplicación SIG, unha folla de cálculo e unha plataforma de programación low-code. 40
Traballos tutelados A10 A32 B2 B6 B8 B10 B11 B14 B15 B16 C3 C6 C10 C13 O alumnado terá que defender o traballo práctico proposto diante do profesorado. 50
Proba de resposta múltiple A10 B8 B12 C1 C3 No inicio da sesión maxistral o alumnado terá que responder a unha serie de preguntas tipo test relacionadas coa materia tratada na sesión anterior. 10
 
Observacións avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA:

  • Cuestionarios tipo test (10%)
  • Prácticas a través de TIC (40%)
  • Traballos tutelados (50%)
Para superar a materia por avaliación continua será preciso obter:
  • Nota mínima final de 50 puntos 
  • Nota mínima nos traballos tutelados de 25 puntos 

PRIMEIRA OPORTUNIDADE:

Poderanse recuperar as partes suspensas correspondentes a:
  • Cuestionarios tipo test (10%)
  • Prácticas a través de TIC (40%)

SEGUNDA OPORTUNIDADE:

Avaliarase cunha proba mixta, na que se poderá recuperar o 100% da nota, e que consistirá en:
  1. Proba mixta sobre as competencias teóricas tratadas nas clases maxistrais (20%).
  2. Exercicio práctico sobre as competencias traballadas ao longo do curso nas prácticas e traballos tutelados (80%).
Para superar a materia na segunda oportunidade será preciso obter:
  • Nota mínima na proba mixta de 10 puntos
  • Nota mínima no exercicio práctico de 40 puntos

OBSERVACIONS:

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017):

  • Na primeira oportunidade se lles avaliará cunha proba mixta e un exercicio práctico seguindo os mesmos criterios que se especifican para todo o alumnado na segunda oportunidade.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á segunda oportunidade e á oportunidade adiantada.

Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-II/1 do Código STCW e recollido no Sistema de Garantía de Calidade teranse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes