Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Estiba
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A22 A32 B10 B12 Consistirá na resolución de dous cálculos de estiba (con diferentes tipos de buques) e puntales, similares aos resoltas na clase.
Valorarase ate un 10% a resolución e participación dos exercicios práctico na clase. Competencias: A22 e A32.
50
Proba obxectiva A22 A23 A32 A33 B13 B2 O alumno terá a opción de aprobar a materia por curso sempre que asistise a un 80% das clases presenciais e aprobe as probas parciais. Valorarase con ata un 10% a asistencia ás clases tendo en conta a participación do alumno, a resolución dos exercicios expostos e a avaliación continua feita polo Profesor. A cualificación final será o resultado das medias conseguidas nas probas parciais e/ou a proba final.

Proba escrita obxectiva para avaliar os coñecementos e comprensión dos contidos básicos da materia, considerando as habilidades e destrezas do alumno, as súas estratexias e formulacións na resolución de problemas. Pode combinar diferentes tipos de preguntas e problemas.
Cada proba parcial (P1 e P2) achegará un 40% e a proba obxectiva global (nota media de ambas as dúas) reportará un 80% do total da avaliación da materia.

Proba escrita obxectiva. Terá carácter obrigatorio para aqueles alumnos que non participen ou superen a avaliación continua da materia ao longo do curso.
Permite avaliar e comprobar os resultados esperados en canto ao contido global da materia e verificar o grao de alcance dos obxectivos propostos.
O exame final global, como avaliación única, consistirá nunha proba composta dunha parte teórica e outra de resolución de problemas con valoración independente, sendo necesario obter un mínimo de 4 puntos en cada unha: a) teórica (50%); b) práctica (50%).
Competencias: A22, A23, A27, A31, A32, A33 e A38
50
 
Observacións avaliación

Exame final: A proba escrita obxectiva terá carácter obrigatorio para aqueles alumnos que non participen ou superen a avaliación continua da materia ao longo do curso. O exame final global, como avaliación única, consistirá nunha proba composta dunha parte teórica e outra de resolución de problemas con valoración independente, sendo necesario obter un mínimo de 4,5 puntos en cada unha e unha media de 5: a) teórica 50%; b) práctica 50%.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes