Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Estiba
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A22 A32 B10 B12 A proba obxectiva final consistirá na resolución de dous cálculos de estiba (con diferentes tipos de buques) e puntales, similares aos resoltos na clase. Será obrigatoria para os alumnos que non superen a avaliación da resolución de problemas por curso, si se fixeren.
Poderase valorar ate un 10% a resolución e participación dos exercicios prácticos na clase. Competencias: A22 e A32.
50
Proba obxectiva A22 A23 A32 A33 B2 B13 O alumno terá a opción de aprobar a materia por curso sempre que asistise a un 80% das clases presenciais e aprobe as probas parciais, si as houbere. Valorarase con ata un 10% a asistencia ás clases tendo en conta a participación do alumno, a resolución dos exercicios expostos e a avaliación feita polo Profesor ao longo do curso. A cualificación final será o resultado das medias conseguidas nas probas parciais e/ou a proba final, sendo necesario obter unha nota mínimo de 5,0 en cada unha das probas que se fixeren.

Proba escrita obxectiva para avaliar os coñecementos e comprensión dos contidos básicos da materia, considerando as habilidades e destrezas do alumno, as súas estratexias e formulacións na resolución de problemas. Pode combinar diferentes tipos de preguntas e problemas.
Cada proba parcial (P1 e P2) achegará un 50% e a proba obxectiva global (nota media de ambas as dúas) reportará un 100% do total da avaliación da materia.

Proba escrita obxectiva. Terá carácter obrigatorio para aqueles alumnos que non participen ou superen aa probas parciais da materia ao longo do curso.
Permite avaliar e comprobar os resultados esperados en canto ao contido global da materia e verificar o grao de alcance dos obxectivos propostos.
O exame final global, como avaliación única, consistirá nunha proba composta dunha parte teórica e outra de resolución de problemas con valoración independente, sendo necesario obter un mínimo de 5 puntos en cada unha: a) teórica (50%); b) práctica (50%).
Competencias: A22, A23, A27, A31, A32, A33 e A38
50
 
Observacións avaliación

Exame final: A proba escrita obxectiva terá carácter obrigatorio para aqueles alumnos que non participen ou superen a avaliación continua da materia ao longo do curso. O exame final global, como avaliación única, consistirá nunha proba composta dunha parte teórica e outra de resolución de problemas con valoración independente, sendo necesario obter un mínimo de 5 puntos en cada unha e unha media de 5: a) teórica 50%; b) práctica 50%.

Los criterios de evaluación
contemplados en el cuadro A-II/1 del Código STCW, y recogido en el Sistema de
Garantía de Calidad, se tendrán en cuenta a la hora de diseñar y realizar la
evaluación.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017) poderá realizar as probas parciais, se as houbere, sen necesidade de asistir o 80% das clases presenciais, sempre e cando os profesores sexan debidamente informados ao principio do curso. Sen menoscabo do anterior, os profesores poderán encargarlle a este alumnado diferentes traballos/problemas ó longo do curso para ser expostos en horario de titorias. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes