Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Collision Rules, signals, bouyage system and ISM Code (Reglamento de Abordaxes, Sinales, Sistema de balizamento e Código ISM)
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Collision Rules, signals, bouyage system and ISM Code (Reglamento de Abordaxes, Sinales, Sistema de balizamento e Código ISM) Código 631G01303
Titulación
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña
Coordinación
Campa Portela, Rosa Mary de la
Correo electrónico
rosa.mary.campa@udc.es
Profesorado
Campa Portela, Rosa Mary de la
López López, María Natividad
Correo electrónico
rosa.mary.campa@udc.es
natividad.lopezl@udc.es
Web
Descrición xeral O alumno adquirirá as competencias para realizar unha garda de navegación segura con relación o coñecemento e uso do regulamento para previr as abordaxes no mar, os distintos sistemas de señalización e balizamiento. Así mesmo adquirirá as competencias para a xestión da seguridade operacional a bordo a través do coñecemento do codigo ISM así como da xestión de recursos humáns a bordo.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizan cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Estudo de casos Estudo de situacións relacionadas coa garda de navegación e a xestión de recursos na ponte Prácticas a través de TIC Resolución de problemas e exercicios para a reafirmación do aprendido mediante o uso de diversas apps. Solución de problemas: Proporanse unha serie de actividades que os alumnus terán que completar no seu tempo de autoaprendizaxe utilizando as TIC *Metodoloxías docentes que se modifican Sesión maxistral Programaranse sexións maxistrais a través de TEAMS adaptándose os requerimentos dos estudantes e da materia. Proba obxectiva A proba obxectiva consistirá nunha proba síncrona telemática sobre os contidos desenrolados na materia 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Moodle, TEAMS e correo electrónico De forma síncrona durante o horario de clases e titorías. De forma asíncrona en horario lectivo 4. Modificacións na avaliación Solución de problemas (20)Evaluarase a entrega das actividades propostas neste apartado Estudo de casos (10) Evaluarase a entrega das actividades propostas neste apartado Prácticas a través de TIC (20) Evaluarase a entrega das actividades a través de FORMS propostas neste apartado Proba obxectiva (50) Realización dun cuestionario síncrono a través de FORMS *Observacións de avaliación: Dado que non existen restriccións ni resultados mínimos para a superación da materia, e en previsión da desigual participación do alumnado no seguemento da mesma, principalmente nas actividades de evaluación continua propostas, faise necesario establecer unha proba obxectiva que permita a todos os estudantes ser avaliados en igualdade de condicións para superar a materia. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizan modificación. Todo o material necesario para a superación da asignatura está a disposición no Moodle, así como os enlaces as páxinas web de interés se as houbese.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes