Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Navegación II
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Navegación I/631G01202
/
Navegación e Organización do Buque/631G01212

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Simulación Náutica/631G01402

Observacións

A materia de Navegación II é unha continuación directa das materias do 2º curso Navegación I e Navegación e organización do buque, e os seus contidos daranse por asimilados. A un alumno que non adquirise as competencias previas das materias mencionadas resultaralle practicamente imposible cursar de forma proveitosa esta materia, especialmente no referente á parte práctica.

O mesmo sucede respecto desta materia e a súa continuación no 4º curso, Simulación Náutica, a cal se basea na realización de exercicios de simulación. Nestes exercicios se parte da base de que os alumnos xa asimilaron os contidos teóricos impartidos en Navegación II, polo que aqueles que non cursasen previamente esta, dificilmente poderán cursar Simulación Náutica.

Esta materia inclúe os contidos teóricos correspondentes ó curso de especialidade “ECDIS: Cartas electrónicas” (27,5 horas) establecidos na Sección A- II/1 e A-II/2 do STCW 78/95/10, conforme o curso modelo OMI 1.27, que se desenrola a continuación:

1.- Elementos del ECDIS

2.- A garda de mar con ECDIS

3.- Monitorización e planificación da ruta ECDIS

4.- Brancos, cartas e sistemas ECDIS

5.- Responsabilidade e avaliación ECDIS

Para a obtención do certificado de especialidade “ECDIS: Cartas electrónicas” é necesaria a superación desta materia e da materia de Simulación Náutica (631G01402), na cal se inclúen os contidos prácticos correspondentes (40 horas en total).

 Esta materia tamén inclúe os contidos teóricos correspondentes ó curso de especialidade “Radar de Punteo Automático (ARPA)” (12 horas) establecidos na Sección A- II/1 e A-II/2 do STCW 78/95/10, cubrindo entre outros os seguintes:

- Coñecemento dos fundamentos do radar e das axudas de punteo radar automáticas (APRA).

- Capacidade para utilizar o radar e para interpretar e analizar a información obtida.

- Utilización.

- Capacidade para utilizar o APRA, interpretar e analizar a información obtida.

- Determinación da situación.

- Valoración dos erros do sistema e profunda comprensión dos aspectos operacionais.

- Planificación do practicaxe sen visibilidade.

- Avaliación dos datos náuticos obtidos a fin de adoptar e aplicar decisións que permitan evitar a abordaxe e dirixir a navegación segura do buque.

Todo elo conforme o programa establecido na ORDEN FOM/2296/2002, de 4 de setembro, cuxo contido se desenrola no “Tema 3: ARPA” da presente guía docente, e tendo en conta ademais as directrices establecidas nos cursos modelo OMI 1.07 e 1.08.

Para a obtención do certificado de especialidade “Radar de Punteo Automático (ARPA)” é necesaria a superación desta materia e da materia de Simulación Náutica (631G01402), na cal se inclúen os contidos prácticos correspondentes (30 horas en total).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes