Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Maritime Radiocommunications (Comunicacións Radiomarítimas)
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Maritime Radiocommunications (Comunicacións Radiomarítimas) Código 631G01307
Titulación
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña
Coordinación
López López, María Natividad
Correo electrónico
natividad.lopezl@udc.es
Profesorado
López López, María Natividad
Correo electrónico
natividad.lopezl@udc.es
Web
Descrición xeral Capacitar ós alumnos en todos os aspectos relacionados coas Comunicaciones Marítimas co obxetivo de que consigan a capacidade necesaria para manexar todos os equipos seguindo os procedementos establecidos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Computaranse as prácticas que se poideron facer presencial con tarefas engadidas, con participación mínima do 80% Realizaranse tarefas propostas para poder facer unha evaluación continua Farase unha proba obxetiva a través da ferrametna moodle, a nota será sumada á obtida cas tarefas encomendadas Aquel estudante que posúa o título de operador de GMDSS terá un 5 asignatura (podendo obter máis puntuación se realiza a proba obxetiva) 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Sesión maxistral: a través da ferramenta teams no horario indicado polo centro. Traballos tutelados Atención personalizada *Metodoloxías docentes que se modifican Prácticas en simulador: deixaranse para poder realizarse en canto sexa posible, xa que as prácticas levan consigo un certificado de especialidade. Serán evaluadas aquelas que se poideran realizar xunto con unhas tarefas relacionadas indicadas pola profesora. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Correo electrónico: diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer seguimento das tarefas encomendadas. Moodle: Semanalmente. Para acceso ó temario da materia e para as tarefas encomendadas. Teams: en día e hora proposta en xunta de escola das clases maxistrais, conexións propostas a maiores para discusión dirixida de tarefas. Ademáis de todas aquelas conexións precisas por parte do alumnado proposta con antelación. 4. Modificacións na avaliación METODOLOXÍA PESO NA CUALIFICACIÓN DESCRICIÓN PRACTICAS 20% VALORACIÓN DAS PRACTICAS FEITAS NO SIMULADOR XUNTO CON UNHA TAREFA TAREFAS 30% UNHA SERIE DE CASOS A DESENROLAR PROBA TEST 50% PROBA TIPO TEST PROPOSTA NO MOODLE *Observacións de avaliación: Para o alumnado con dedicación completa, alumnado a tempo parcial, requisitos para superar a materia, condicións da avaliación na 2ªoportunidade, etc...) Evaluación continua: farase unha proba "exame prefinal" coa data consesuada co alumnado, para a realización de dita proba é indispensable a entrega das tarefas propostas 1ª oprotunidade: evaluación contínua como se sinala no apartado 4 (sumando prácticas+tarefas+proba test) 2ª oportunidade: prácticas que contarán o 20% ( tendo que entregar unha tarefa que se propoña a maiores das prácticas que poideron ser realizadas no simulador) e mais a proba tipo test que contará o 80% restante. A) alumnado con dedicación completa: asistencia /participación nas tarefas correspondentes ás prácticas mínimo 80% B)alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (arts.2.3;3.b e 4.5)(29/5/212): asistencia/participación nas tarefas correspondentes ás prácticas mínimo 80%. De non poder asistir ás sesións maxistarais acordarase coa profesora titorías. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se fan modificacións da bibliografía respecto á guía docente, somente se facilita ó estudante unha serie de apuntes a través de moodle para poder superar a materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes