Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Maritime Radiocommunications (Comunicacións Radiomarítimas)
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A10 A11 A17 A18 A19 A20 A26 A29 A37 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B11 B12 B18 B19 C3 C9 O alumno terá a opción de aprobar esta parte da materia por curso sempre que asistise a un 80% das clases maxistrais.
Aqueles alumnos que teñan o Certificado de Operador Xeral do GMDSS considéraselles aprobada a materia cunha nota de 5.0. Con todo calquera alumno nesta situación pode asistir a clase e presentarse aos examenes para subir esta nota mínima.

A proba obxectiva consistirá nunha serie de preguntas curtas de concepto, nunha proba tipo test, ou ben nunha combinación dos dous sistemas de probas anteriormente mencionadas, nese caso, a profesora fixará con antelación os criterios específicos de valoración para cada unha das partes.
Será preciso a realización de distintas tarefas relacionadas coa materia, a nota acadada será engadida á acadada na proba obxetiva.
Para aprobar por curso, será necesario obter unha nota media de 5.0.
60
Prácticas de laboratorio A11 A17 A18 A19 A20 A29 A37 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B11 B12 B18 B19 C3 C9 SIMULADOR DE COMUNICACIÓNS: Para aprobar esta parte da Materia será necesaria unha asistencia mínima do 80% ás clases de simulación. A cualificación de cada alumno basearase na avaliación continua do Profesor na que terá en conta a destreza e interese do alumno en cada un dos exercicios propostos.
40
 
Observacións avaliación

Os criterios de avaliación contemplados nos cadros A-II/1, A-II/2, A-III/1 e A-III/2 do Código STCW e as súas emendas relacionados con esta materia teranse en conta á hora de deseñar e realizar a súa avaliación.

 Esta materia inclúe os contidos correspondentes ao curso de especialidade "Operador Xeral do Sistema Mundial de Socorro e Seguridade Marítima (GMDSS) "(132h) establecidos na Sección A- II/1  e A-II/2 do STCW 78/95/10, con arranxo ao curso modelo OMI 1.25.

Para a obtención do certificado de especialidade "Operador Xeral do Sistema Mundial de Socorro e Seguridade Marítima (GMDSS)" é necesaria a superación desta materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes