Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Sistemas de Navegación e Comunicacións
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A49 B4 B14 B22 C3 C10 C11 A materia divídese en dous bloques temáticos claramente diferenciados: sistemas de navegación e sistemas de comunicacións, que se avaliarán de forma independente.
En cada unha das partes realizarase polo menos un exame parcial para aqueles alumnos cunha asistencia mínima dun 80%. A superación dos examenes parciais permitirá librar materia para o exame final, o cal tamén se dividirá en dous bloques.
Con esta metodoloxíase evaluaranse as competencias A49, B4, B14, B22, C3, C10, C11.
60
Traballos tutelados A49 B14 B22 C3 C10 C11 En cada bloque proporanse un ou varios traballos tutelados. O seu seguemento deberá realizarse nas sesións de titorías programadas para elo. Non se aceptarán traballos que non foran realizados con este seguemento continuo.
Con esta metodoloxíase evaluaranse as competencias A49, B14, B22, C3, C10, C11.
40
 
Observacións avaliación

A nota da materia será a media aritmética das notas dos dous bloques (sistemas de navegación e sistemas de comunicacións),
sendo a nota mínima necesaria para compensar unha parte coa outra de
4,5. En caso de obter unha nota inferior a 4,5 nunha das partes, a nota da asignaura será a menor das obtidas en ambas as partes.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo
parcial e dispensa académica de exención de asistencia non se lle exixirá unha
asistencia mínima para poder presentarse os exames parciais, sen embargo, deberán
acordarse co docente unha serie de titorías (presenciais ou non presenciais) o
longo do curso para acreditar o seguimento da materia. Estas mesmas tutorías servirán para facer o seguemento dos traballos tutelados.

Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-II/1 do Código STCW, e recollido no Sistema de Garantía de Calidade, teranse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes