Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Regulamento para Prever as Abordaxes no Mar e Análise de Accidentes
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos B49 B50 C19 C27 C30 C31 Realización e entrega de a lo menos o 80% das actividades de esta sección 7
Discusión dirixida B49 B45 C31 Realización e entrega de a lo menos o 80% das actividades de esta sección na aula 3
Traballos tutelados B79 C19 C27 C31 Realización e entrega do traballo tutelado dentro do prazo establecido. 5
Proba mixta B40 B45 B49 B50 B79 C20 C27 C34 Realización e entrega de a lo menos o 80% das actividades de esta sección na aula
Exame escrito
65
Aprendizaxe colaborativa B50 B45 Participación e organización en grupos como parte do traballo tutelado. 5
Prácticas a través de TIC B40 B82 C19 Realización e entrega de a lo menos o 80% das actividades de esta sección 5
Presentación oral B79 C19 C27 Presentación oral apoiada con recursos audiovisuais dos resultados do traballo tutelado. 10
 
Observacións avaliación

A asistencia polo menos ao 80% das clases e a entrega polo menos do 80% das actividades realizadas na aula otorgan ao alumno o dereito de presentarse ao exame prefinal e de realizar o traballo tutelado e a súa presentación oral.

Para que a cualificación da proba mixta, o traballo tutelado e a presentación oral fagan media co resto das probas da avaliación, será necesario obter un resultado mínimo de 5 puntos sobre 10 en cada unha delas. No caso particular da proba mixta, será necesario obter unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 tanto na parte de Regulamentos como na de Análise de Accidentes para que fagan media.

Os alumnos que non asistan a clase e/ou non entreguen as actividades correspondentes deberán presentarse o exame final para superar a asignatura, en tal caso o exame final será avaliado sobre 100.

O tema Análese de accidentes terá una ponderación do 40% da nota final. E imprescindible a superación de ambas partes para superar a asignatura.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017) poderá realizar as probas parciais, se as houbere, sen necesidade de asistir o 80% das clases presenciais, sempre e cando os profesores sexan debidamente informados ao principio do curso. Sen menoscabo do anterior, os profesores poderán encargarlle a este alumnado diferentes traballos/problemas ó longo do curso para ser expostos en horario de titorias, facendo uso do sistema TEAMS si fora procedente a xuizo do profesor.

A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha
vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso
académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".

Os criterios de avaliación contemplados nos cadros A-II/1, A-II/2, A-III/1 y A-III/2 do Código STCW e as súas enmendas relacionados con esta materia teranse en conta a hora de deseñar e realizar a evaluación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes