Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Simulación Náutica
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Navegación I/631G01202
Manobra I/631G01207
/
Navegación II/631G01306
Collision Rules, signals, bouyage system and ISM Code (Reglamento de Abordaxes, Sinales, Sistema de balizamento e Código ISM)/631G01303
Manobra II/631G01309

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Maritime Radiocommunications (Comunicacións Radiomarítimas)/631G01307

Materias que continúan o temario

Observacións

O traballo desta materia centrarase na realización de exercicios de carácter práctico relacionados cos conceptos teóricos desenvolvidos naquelas materias de manobra e navegación de cursos anteriores. Deste xeito, a un alumno que non adquirise as competencias das materias que se recomenda cursar previamente resultaralle practicamente imposible realizar un seguimento proveitoso desta materia.

Esta materia inclúe os contidos prácticos de simulación correspondentes ó curso de especialidade “ECDIS: Cartas electrónicas” (12,5 horas) establecidos na Sección A- II/1 e A-II/2 do STCW 2010, con arreglo ó curso modelo OMI 1.27, que se especifican a continuación:

1.- Elementos do ECDIS

2.- A garda de mar con ECDIS

3.- Monitorización e planificación da ruta ECDIS

4.- Brancos, cartas e sistemas ECDIS

5.- Responsabilidade e avaliación ECDIS

Para a obtención do certificado de especialidade “ECDIS: Cartas electrónicas” é necesaria a superación desta materia e da materia de Navegación II (631G01306), na cal se inclúen os contidos teóricos correspondentes (40 horas en total).

 Esta materia tamén inclúe os contidos prácticos de simulación correspondentes ó curso de especialidade “Radar de Punteo Automático (ARPA)” (18 horas) establecidos na Sección A- II/1 e A-II/2 do STCW 2010, cubrindo entre outros os seguintes:

- Coñecemento dos fundamentos do radar e das axudas de punteo radar automáticas (APRA).

- Capacidade para utilizar o radar e para interpretar e analizar a información obtida.

- Utilización.

- Capacidade para utilizar o APRA, interpretar e analizar a información obtida.

- Determinación da situación.

- Valoración dos erros do sistema e profunda comprensión dos aspectos operacionais.

- Planificación do practicaxe sen visibilidade.

- Avaliación dos datos náuticos obtidos a fin de adoptar e aplicar decisións que permitan evitar o abordaxe e dirixir a navegación segura do buque.

Todo elo conforme o programa establecido na ORDEN FOM/2296/2002, de 4 de setembro, cuxo contido se especifica no “Tema 1: Prácticas ARPA” da presente guía docente, e tendo en conta ademais as directrices establecidas nos cursos modelo OMI 1.07 e 1.08.

Para a obtención do certificado de especialidade “Radar de Punteo Automático (ARPA)” é necesaria a superación desta materia e da materia de Navegación II (631G01306), na cal se inclúen os contidos teóricos correspondentes (30 horas en total).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes