Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Prácticas Externas en Buque
   Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Controlar as boas prácticas de seguridade e saúde no traballo.
A2 Interpretar e representar correctamente o espazo tridimensional, coñecendo os obxectivos e o emprego de representación gráfica.
A3 Interpretar e representar as formas do buque e das súas instalacións.
A4 Coñecer e construír as Proxeccións Cartográficas Perspectivas empregadas en Navegación, os seus antecedentes e uso.
A5 Interpretación, análise e aplicación práctica dos fundamentos e Institucións de Dereito e Economía para administrar, xestionar e explotar o buque, a empresa marítima, o negocio marítimo e transporte, e a empresa náutico-deportiva.
A6 Localizar avarías sistematicamente nun equipo electrónico.
A7 Ensamblar e realizar tarefas básicas de mantemento e reparación de equipos informáticos. Instalar e manexar sistemas operativos e aplicacións informáticas. Instalar e realizar as tarefas básicas de xestión de redes de ordenadores.
A8 Modelizar situacións e resolver problemas con técnicas ou ferramentas físico-matemáticas.
A9 Avaliación cualitativa e cuantitativa de datos e resultados, así como representación e interpretación matemática de resultados obtidos experimentalmente.
A10 Redactar e interpretar documentación técnica e publicacións náuticas.
A11 Empregar o inglés, falado e escrito, aplicado á navegación e ao negocio marítimo.
A12 Navegar, con seguridade e respecto ao medioambente, en Buques Tanque.
A13 Coñecer o funcionamento e alcance do seguro marítimo no ámbito nacional e internacional.
A14 Planificar e dirixir unha travesía, determinar a situación por calquera medio de navegación, e dirixir a navegación.
A15 Realizar unha garda de navegación segura.
A16 Manter a seguridade da navegación utilizando o radar, a ARPA e os modernos sistemas de navegación para facilitar a toma de decisións.
A17 Adoptar as medidas axeitadas en casos de emerxencias.
A18 Responder a sinais de socorro no mar.
A19 Utilizar as frases normalizadas da OMI para as comunicacións marítimas, e emprego do inglés falado e escrito.
A20 Transmitir e recibir información mediante todo tipo de sinais.
A21 Manobrar e gobernar o buque en todas as condicións.
A22 Cargar, manipular e estibar do xeito axeitado as diferentes mercadorías transportables nun buque.
A23 Asegurar o cumprimento das prescricións sobre prevención da contaminación.
A24 Manter a navegabilidade do buque.
A25 Operar os sistemas de Prevención, control e loita contraincendios a bordo.
A26 Operar os dispositivos de salvamento.
A27 Controlar o cumprimento das prescricións lexislativas.
A28 Planificar e controlar a derrota meteo-oceanográfica.
A29 Responder correctamente ás diferentes situacións de emerxencia.
A30 Utilizar os telemandos das instalacións de propulsión e dos sistemas e servizos de maquinaria.
A31 Transporte de cargas perigosas.
A32 Controlar o asento, a estabilidade e os esforzos.
A33 Protexer o medio mariño e aplicar criterios de sostibilidade ambiental ao transporte marítimo.
A34 Manter a seguridade e protección do buque, da tripulación e os pasaxeiros, así como o bo estado de funcionamento dos sistemas de salvamento, de loita contra incendios e demais sistemas de seguridade.
A35 Organizar e dirixir a tripulación.
A36 Organizar, administrar e prestar os coidados médicos a bordo.
A37 Usar correctamente os diferentes aparatos de navegación e radiocomunicacións.
A38 Ser capaz de identificar, analizar e aplicar os coñecementos adquiridos nas distintas materias do Grao, a unha situación determinada formulando a solución técnica máis axeitada dende o punto de vista económico, ambiental e de seguridade.
A39 Ser capaz de inspeccionar y elaborar informes sobre defectos y daños a los espacios de carga, escotillas y tanques de lastre.
B4 Comunicarse de xeito efectivo nun ámbito de traballo.
B6 Traballar de forma colaboradora.
B22 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C10 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplas (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
C11 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partires dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes