Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Informática Aplicada
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas As clases maxistrais combinaranse coa resolución de problemas por parte do alumnado. Esta será a metodoloxía mais potenciada durante o curso, e usarase tanto no aula coa presenza do profesor como no traballo non presencial do alumnado.
Os problemas propostos estarán relacionados coa clase maxistral anterior. Os exercicios que o alumnado resolva no aula deberá entregalos a través da plataforma virtual antes de que remate o prazo de entrega. Os que resolva fora do aula poderá entregalos tamén a través da plataforma virtual pero con un prazo moito más longo, que rematará preto do final do cuadrimestre.
Proba obxectiva O alumnado que non acade unha nota mínima dun 5 cos problemas e traballos propostos ao longo do curso terán dereito a realizar unha proba obxectiva, que consistirá na resolución de problemas semellantes aos propostos ao longo do cuadrimestre.
Traballos tutelados Proporase ao alumnado o desenvolvemento dunha aplicación de carga para un barco que poderá ir desenrolando ao longo do curso, incorporando nela os coñecementos adquiridos durante as clases.
Aprendizaxe colaborativa O alumnado usará o almacenamento na nube para compartir materiais da clase, e terá que crear un perfil nunha rede social que lle poida facilitar a busqueda de traballo e contactos profesionais, e tamén terá que contribuir nun blog con algunha aportación propia.
Sesión maxistral A semana anterior á exposición dun tema, o profesor colgará os contidos na plataforma virtual da universidade. proporcionándoselle ao alumno ou ben materiais ou ben indicacións de como consultar fontes adicionais para profundizar no estudo do tema.
Despois da exposición do tema, os conceptos básicos serán traballados individualmente en ordenador por parte do alumnado no aula contando coa asistencia do profesor.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes