Teaching GuideTerm
Higher Technical University College of Nautical Science and Naval Engines
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Subjects
  Applied Informatics
   Methodologies
Methodologies Description
Problem solving As clases maxistrais combinaranse coa resolución de problemas por parte do alumnado. Esta será a metodoloxía mais potenciada durante o curso, e usarase durante o traballo non presencial do alumnado.
Os problemas propostos estarán relacionados coa clase maxistral anterior. Os exercicios que o alumnado resolva deberá entregalos a través da plataforma virtual antes de que remate o prazo de entrega. Para os exercicios nos que o alumnado teña problemas se lle proporcionará un prazo moito más longo, que rematará preto do final do cuadrimestre.
Objective test O alumnado que non acade unha nota mínima dun 5 cos problemas e traballos propostos ao longo do curso terá dereito a realizar unha proba obxectiva, que consistirá na resolución de problemas semellantes aos propostos ao longo do cuadrimestre.
A proba desenvolverase facendo uso de Moodle e Teams.
Supervised projects Proporase ao alumnado o desenvolvemento dunha aplicación de carga para un barco que poderá ir desenvolvendo ao longo do cuatrimestre, incorporando nela os coñecementos adquiridos durante as sesións maxistrais.
Collaborative learning O alumnado usará o almacenamento na nube para compartir materiais da clase, e terá que crear un perfil nunha rede social que lle poida facilitar a busqueda de traballo e contactos profesionais, e tamén terá que contribuir nun blog con algunha aportación propia.
Guest lecture / keynote speech As sesións desenvolveránse a través de Teams e complementaranse con vídeos en Stream. A semana anterior á exposición dun tema, o profesor colgará os contidos en Moodle. proporcionándoselle ao alumno ou ben materiais ou ben indicacións de como consultar fontes adicionais para profundizar no estudo do tema. Despois da exposición do tema, os conceptos básicos serán traballados individualmente en ordenador por parte do alumnado no aula contando coa asistencia do profesorado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes