Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Tecnoloxías Mariñas
 Asignaturas
  Matemáticas 1
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Matemáticas 1 Código 631G02151
Titulación
Grao en Tecnoloxías Mariñas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinación
Cao Rial, María Teresa
Correo electrónico
teresa.cao@udc.es
Profesorado
Calvo Garrido, María Del Carmen
Cao Rial, María Teresa
Correo electrónico
carmen.calvo.garrido@udc.es
teresa.cao@udc.es
Web http://www.nauticaymaquinas.es/
Descrición xeral Nesta materia danse a coñecer os conceptos fundamentais e as aplicacións máis elementais de Álxebra Lineal, Xeometría do Plano e do Espazo Afín e Euclídeo, Análise de Funcións Reais dunha Variable Real e Variable Complexa. O alumno vai aprender a manexar con soltura as ferramentas básicas de Álxebra e Cálculo pero tamén a mellorar as súas habilidades na aprendizaxe e desenvolvemento de novos métodos e tecnoloxías necesarias para continuar a súa formación. Tamén a traballar con material bibliográfico e recursos informáticos, a elaborar unha memoria/informe de modo rigoroso e sistemático, a escribir e transmitir coñecementos correctamente, a realizar eficazmente as tarefas asignadas como parte dun grupo, etc. En concreto será capaz de resolver e analizar os resultados dos problemas matemáticos que poidan xurdir na enxeñería, a usar modelos matemáticos e a identificar o caso en que deben aplicarse.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías • Metodoloxías docentes que se manteñen: Atención personalizada. • Metodoloxías docentes que se modifican Proba obxectiva. De non poder realizarse presencialmente, a proba obxectiva será realizada coas ferramentas de avaliación online que a Universidade pon á disposición da comunidade. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado – Correo electrónico: En horario laboral. Para facer consultas breves e solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas en horario de titorías. – Campus virtual: Diariamente. Segundo a necesidade do estudantado. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. – Teams: Sesións individuais para a resolución de dúbidas, previa solicitude por parte do alumno. 4. Modificacións na avaliación a) Metodoloxía: Proba obxectiva Peso na cualificación: 100% Descrición: Proba individual de asimilación de coñecementos teóricos e prácticos. *Observacións de avaliación: De recollerse material de avaliación online, resérvase a posibilidade de convocar ós alumnos a unha defensa oral dese material. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada no Campus Virtual así como de diversos enlaces a libros electrónicos dispoñibles a través da Biblioteca da UDC para facilitar ao alumnado o acceso á bibliografía.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes