Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Tecnoloxías Mariñas
 Asignaturas
  Informática
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Proporase ao alumnado o desenvolvemento dun traballo en equipo tutelado sobre o hardware das computadoras, co obxetivo de profundizar na apredizaxe deste tema, incidindo especialmente nos últimos desenrolos postos no mercado. Este traballo deberá expoñerse na clase diante dos compañeiros
Sesión maxistral Realizarase unha explicación introdutoria dos contidos de cada tema. Proporcionaránselle ao alumnado ou ben materiais ou ben indicacións de como consultar fontes adicionais para profundizar no estudo do tema. Os conceptos básicos serán traballados individualmente polo alumnado no aula contando coa asistencia do profesor e utilizando exercicios ou tutoriais que este previamente terá preparados na plataforma de aprendizaxe da universidade
Solución de problemas As clases maxistrais dos 2 primeiros temas combinaránse coa resolución de problemas escritos no aula, debatindo as solucións co alumnado para afianzar os coñecementos matemáticos nos que se basea o funcionamento das computadoras.
Prácticas de laboratorio Unha vez tratados os temas de Hardware e Sistemas Operativos, o alumnado deberá poñer en práctica os coñecementos teóricos adquiridos, para o que deberán ensamblar equipos informáticos, instalar distintos S.O. e unha rede wi-fi. Estas prácticas levaránse a cabo nun laboratorio (taller de montaxe)
Prácticas a través de TIC Proporánse ao alumnado exercicios prácticos para adquirir as destrezas necesarias no uso de determinadas aplicacións informáticas útiles para o desenrolo da sua profesión no ámbito marítimo, de modo que o alumnado terá que poñer en práctica os coñecementos adquiridos e comprobar que estos permítenlle resolver problemas reais. Estas prácticas levaránse a cabo nun Aula de Informática.
Proba mixta Exame sobre os contidos da materia, que combianará unha proba escrita baseada na resolución de problemas con unha proba práctica en ordenador
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes