Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Tecnoloxías Mariñas
 Asignaturas
  Inglés
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A18 A35 B1 B4 B5 B10 C1 C2 C8 C12 C13 Clases prácticas. 25
Lecturas A35 B1 B4 C2 C8 C11 C13 Lecturas de textos especializados 25
Proba obxectiva A18 A35 A51 B1 B4 B10 C1 C2 C9 C12 C13 Exame da materia 50
 
Observacións avaliación

* Dado que este curso non haberá docencia desta asignatura ao pertencer a un plan de estudos a extinguir, a avaliación será en tódolos casos a mesma que se detalla máis abaixo para os exames de Xullo e Decembro: incluirá tódalas probas realizadas ao longo do
curso e suporá o 100% da nota (x/10).

***************************************************

- Non se recollerán traballos unha vez finalizado o prazo de entrega,
nin se recuperarán as prácticas perdidas.

- Para aprobar o curso hai que sacar unha nota final mínima de 5
sobre 10. E no examen hai que obter un mínimo de 4/10 en cada parte dos
contidos (gramática e Inglés técnico).

- Na oportunidade de fin de cuatrimestre é necesario chegar ao 2 no
exame (x/5) para que se sume ás notas das outras probas realizadas ao longo do curso
(x/5) e éstas tamén deben sumar entre todas elas un mínimo de 2 puntos para poder sumarse á nota do exame. En caso contrario, a nota final global máxima será 4.8 (x/10) e o alumno
terá que examinarse de novo en Xullo. Os alumnos que non se presenten ao examen
(x/5) acadarán a calificación de NP.

- O exame de Xullo incluirá tódalas probas realizadas ao longo do
curso e suporá o 100% da nota (x/10).

- O exame da convocatoria adiantada de Decembro incluirá tódalas
probas realizadas ao longo do curso e suporá o 100% da nota (x/10).

- O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa
académica
, tal e como establece a Normativa desta universidade, será
avaliado en calquera das dúas oportunidades seguindo os mesmos criterios que
para a segunda oportunidade de xullo.

- Atención á diversidade: Existe unha oficina (ADI) na universidade
que se especializa en "atender ós membros da comunidade universitaria con
necesidades especiais derivadas da discapacidade ou doutras formas de diferenza
fronte á poboación maioritaria". O alumnado que o desexe pode poñerse en
contacto coa ADI en http://www.udc.es/cufie/uadi/. Tamén no teléfono 981
167000, extensión 5622 ou na dirección de email adi@udc.es

- Os criterios de avaliación contemplados nos cadros A-III/1, A-III/2 e
A-III/6 do Código STCW e recollidos no Sistema de Garantía de Calidade
teranse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes