Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Tecnoloxías Mariñas
 Asignaturas
  Química
   Contidos
Temas Subtemas
Conceptos básicos Química e a súa relación co transporte marítimo.
Átomos e moléculas. Símbolos químicos e táboa periódica.
Significado das fórmulas químicas. Leis ponderais e teoría atómica.
Formulación e nomenclatura de compostos inorgánicos e orgánicos simples.
Cantidade de sustancia, mol e número de Avogadro. Masas atómicas e moleculares.
Ecuacións químicas e cálculos estequiométricos.
Tipos de reaccións.
Enlace iónico: Concepto de ion. Enlace covalente: xeometría molecular.
Terminoloxía técnica en inglés.
Estados de agregación da materia e cambios de estado - Propiedades xerais dos estados de agregación da materia. Densidade: relativa e aparente.
- Forzas intermoleculares. Viscosidade: relativa, cinemática e absoluta. Unidades de viscosidade e a súa medida.
- Gases: modelo de gas ideal. Densidade. Difusión e mestura de gases. Gases reais, desviación do comportamento ideal: parámetros críticos e factor de compresibilidade. Gases en buques.
- Estado líquido
Efecto da presión e a temperatura sobre a densidade. Disco Plimsoll. Medida da densidade. Tensión superficial: capilaridade. Variación da tensión superficial coa temperatura.
Variación da viscosidade coa presión e a temperatura.
- Sólidos: Tipos de sólidos. Sólidos metálicos: enlace metálico e condución da electricidade. Semiconductores: unión P-N. Outros tipos de materiais: cerámicos, polímeros e composites. Efectos das baixas temperaturas-fractura por fraxilidade.
- Cambios de estado: aplicación o transporte marítimo
Curvas de arrefriamento e quecemento. Equilibrio líquido-vapor: presión de vapor e ebulición. Humidade relativa e punto de burbulla. Equilibrio sólido-líquido e sólido-vapor. Enerxías asociadas aos cambios de estado. Diagramas de fases.
Aplicación dos cambios de fase no transporte marítimo: gases licuados e o seu transporte. A relicuación e refrixeración de gases.
Formación e dispersión de hidratos.
Terminoloxía técnica en inglés.
Mesturas de substancias Disolucións e tipos. Proceso de disolución. Unidades de concentración. Solubilidade de sólidos e gases en líquidos. Cambios da solubilidade coa temperatura e a presión: lei de Henry. Propiedades coligativas. Diminución da presión de vapor: lei de Raoult. Aplicacións da diminución da presión de vapor e da lei de Henry o transporte marítimo. Aumento ebulloscópico e descenso crioscópico: aplicacións no transporte marítimo. Presión osmótica. Disolucións electrolíticas e disolucións coloidais. Mesturas de substancias. Características e propiedades de aceites lubricantes e graxas, ensaios máis importantes para controlar a súa calidade. Pinturas: tipos e características principais.
Terminoloxía técnica en inglés.
Termoquímica e reaccións de combustión Enerxía interna e entalpía. Calores de reacción: reaccións endo e exotérmicas. Ecuacións termoquímicas. Lei de Hess. Calorimetría. Capacidades caloríficas. Ecuación de Kichhoff.
Reaccións de combustión. Tipos de combustión. Calores de combustión. Triángulo e tetraedro do lume: consecuencias. Punto de inflamación, ignición e autoinflamación: límites de inflamabilidade. Estequiometría das reaccións de combustión. Gases da combustión: problemas e análises.
Clasificación dos incendios: causas. Mecanismos de extinción: axentes extintores. Utilización do gas inerte.
Combustibles e as súas propiedades máis importantes: poderes caloríficos.
Terminoloxía técnica en inglés.
Reactividade química: control dos procesos químicos e condicións de equilibrio Cinética química. Velocidade de reacción. Ecuación de velocidade. Influencia da temperatura na velocidade de reacción. Catálise e inhibición.
Constante de equilibrio. Factores que afectan o equilibrio. Principio de Le Chatelier. Cinética química e equilibrio químico.
Espontaneidade e entropía. Segundo principio da termodinámica. Enerxía libre de Gibbs. Relación entre a constante de equilibrio e a enerxía libre. Dependencia da constante de equilibrio coa temperatura.
Terminoloxía técnica en inglés.
Reaccións químicas no ámbito do transporte marítimo Reaccións ácido-base. Concepto de ácido e base. Propiedades ácido-base da auga. Concepto e medida do pH. Forzas de ácido e base. Hidrólise. Disolucións reguladoras. Valoracións ácido-base. Aplicacións o transporte marítimo.
Reaccións de precipitación. Produto de solubilidade. Solubilidade e pH. Composición físico-química das augas naturais; medio mariño: clorinidade e salinidade.
Circuítos de auga nos buques. Parámetros indicadores da calidade do auga: dureza da auga. Principais problemas que orixina a composición química da auga nunha caldeira: incrustacións e corrosión. Calidade da auga requirida para caldeiras: tratamentos. Ensaios para controlar a auga de caldeiras: en auga de alimentación, en caldeira, e en condensado. Produción de auga potable. Tratamentos para circuítos de refrixeración. Utilización de anticonxelante. Prevención de incrustación de organismos mariños.
Procesos electroquímicos. Oxidantes e redutores. Enerxía química. Células electroquímicas. Potenciais de eléctrodo. Elementos activos. Termodinámica dos procesos redox: ecuación de Nernst e aplicacións. Baterías e pilas. Procesos electrolíticos. Lei de Faraday. Aplicacións da electrólise.
Corrosión. Tipos de corrosión. Corrosión do ferro e corrosión mariña. Procesos de oxidación nas chemineas dos buques. Factores que inflúen nos procesos de oxidación. Protección frente á corrosión.
Reaccións de polimerización. Formación de peróxidos e o seu control: uso de inhibidores.
Terminoloxía técnica en inglés.
Transporte de produtos químicos a granel en buques tanque Tipos de buques.
Categorías das cargas químicas (corrosivas, tóxicas, inflamables, explosivas). Grupos de produtos químicos e os seus usos industriais. Principais produtos químicos transportados.
Transporte de cru en buques: características fisicoquímicas do cru.
Mercancías perigosas: normativas de transporte.
Riscos de transporte de produtos químicos: nuclear, biolóxico, inflamabilidade, reactividade física e química, electricidade estática, corrosividade, fugas e nubes de vapor, etc. Compatibilidade de sustancias.
Cargas de viscosidade e/o densidade elevada.
Toxicidade e indicadores: límites umbrais
Atmosferas en tanques: espazos confinados. Medidores de gases
Clasificación de mercancías perigosas: Convenio SOLAS e Código IMDG. Etiquetado e embalaxe
Frases de risco e seguridade. Fichas MSDS
Terminoloxía técnica en inglés
Contaminación debida o transporte marítimo Convenio MARPOL: anexos
Anexo I del MARPOL: Contaminación por hidrocarburos. Características físico-químicas dos hidrocarburos. Procesos de envellecemento. Loita contra a contaminación e impacto ecolóxico
Anexo II: Contaminación de sustancias nocivas transportadas a granel. Clasificación segundo a súa toxicidade. Áreas especiais de transporte marítimo.
Anexo VI del MARPOL: contaminación atmosférica e os seus problemas. Áreas de control de emisións atmosféricas. Gases de efecto invernadoiro: plans de eficiencia enerxética da OMI
Contaminación por augas de lastre
Reciclaxe de buques
Terminoloxía técnica en inglés
Prácticas de laboratorio. O traballo no laboratorio: normas, seguridade e cálculo de errores.
Coñecemento e manexo do material básico do laboratorio.
Operacións básicas.
Determinación de magnitudes fisicoquímicas de gases, líquidos puros , mesturas e disolucións:especialmente do cru e/ou dos seus derivados.
Reactividade de produtos químicos dende o punto de vista do transporte dos mismos nos buques.
Propiedades fisicoquímicas da auga e de disolucións acuosas.
Propiedades fisico-quimicas de combustibles e lubricantes.
Sistemas de comunicacións internas a bordo.
Terminoloxía técnica en inglés.
Observacións O desenrolo destes subtemas(1) tense feito de xeito que serva como base para que noutras asignaturas específicas da actividade profesional marítima desta titulación cúmprase coa columna 2, Coñecementos, Comprensión e Suficiencia, do Convenio STCW, modificado por Manila 2010, dos seguintes cadros:

• Cadro A-V/1-1-1. Especificación das normas mínimas de competencia en formación básica para operacións de carga en petroleiros e quimiqueiros.

• Cadro A-V/1-1-2. Especificación das normas mínimas de competencia en formación avanzada para operacións de carga en petroleiros.

• Cadro A-V/1-1-3. Especificación das normas mínimas de competencia en formación avanzada para operacións de carga en quimiqueiros

• Cadro A-V/1-2-1. Especificación das normas mínimas de competencia en formación básica para as operacións de carga en buques tanque para o transporte de gas licuado.

• Cadro A-V/1-2-2. Especificación das normas mínimas de competencia en formación avanzada para operacións de carga en buques tanque para o transporte de gas licuado.

(1): A obtención das competencias establecidas na Columna 1 dos respectivos cadros STCW, se completan coa superación dos contidos relacionados en materias complementarias a esta, como por exemplo Hixiene Naval e Riscos Laborais.

O desenvolvemento e superación destes contidos serve de base a outras materias, nas que se adquirirán competencias específicas da titulación, o que garantirá o coñecemento, comprensión e suficiencia das competencias recollidas no cadro AIII/2, do Convenio STCW, relacionadas co nivel de xestión de Oficial de Máquinas de Primeira da Mariña Mercante, sen limitación de potencia da planta propulsora e Xefe de Máquinas da Mariña Mercante ate o máximo de 3000 kW. Cadro A-III/2 do Convenio STCW.
Especificación das normas mínimas de competencia aplicables os Xefes de Máquinas e Primeiros Oficiais de Máquinas de buques cuxa máquina propulsora principal teña unha potencia igual ou superior a 3000 kW
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes