Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Tecnoloxías Mariñas
 Asignaturas
  Empresa e Dereito Marítimos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A3 A5 A48 B4 B11 C6 C9 C10 Para os alumnos cunha asistencia regular a clase (polo menos o 80%), realizaranse dous exames parciais, un de empresa e outro de dereito, que lles permitirán librar materia para o exame final.

Aqueles que superen ambos os parciais cunha nota media igual ou superior a 5, non terán que presentarse ao exame final, a non ser que desexen subir a nota do curso. A nota mínima para poder compensar cada un dos parciais á hora de obter a media do curso será dun 3,5.

Con esta metodoloxía avaliaranse as competencias A3, A5, A24, A48, B4, B5, B6, B11, C6 e C7.
100
 
Observacións avaliación

Os criterios de avaliación
contemplados nos cadros A-II/1, A-II/2, A-III/1 e A-III/2 do Código STCW e as
súas emendas relacionados con esta materia teranse en conta á hora de deseñar e
realizar a súa avaliación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes