Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Tecnoloxías Mariñas
 Asignaturas
  Construcción Naval e Teoría do Buque
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Efectuaranse cálculos de hidrostática e estabilidade nas clases de grupos reducidos. A entrega a tempo durante o curso destes exercicios resoltos e corrixidos achegará o 30% da nota.
Proba obxectiva Avaliaranse os coñecementos e comprensión dos contidos básicos da materia, considerando as habilidades e destrezas do alumno, as súas estratexias e formulacións na rersolución de problemas.
Efectuaranse dúas probas durante o curso correspondentes aos temas de Construción Naval e aos de Teoría do Buque. Cada unha delas achegará un 35% da nota global.
Aqueles alumnos que non participen da avaliación continua da materia ao longo do curso realizarán unha proba obxectiva que permita avaliar e comprobar os resultados esperados en canto ao contido global da materia. Verificar o grao de alcance dos obxectivos propostos.
O exame final global, como avaliación única, consistirá nunha proba composta de dous
partes con valoración independente, e obter un mínimo de 5 puntos en cada
unha: a) teórica (50%); b) práctica (50%).
Primeiro realizará a parte práctica con varios problemas a resolver e, a segunda a teórica
con 10 cuestiones tipo test máis 5 conceptos a definir.
Aprendizaxe colaborativa Os cálculos máis complexos resolveranse en grupos, durante as clases de grupos reducidos.
Sesión maxistral Exposición en clase de cada un dos temas da asignatura. Cada un dos temas do programa será exposto en clase polo profesor.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes