Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Tecnoloxías Mariñas
 Asignaturas
  Mecánica de Fluidos
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Realizarase a explicación polo miúdo dos contidos da materia e que se distribúen en temas. O alumno contará en todo momento cunha copia mecanografiada do tema a tratar en cada sesión maxistral. Foméntase a participación en clase, a través de comentarios que relacionan os contidos teóricos con experiencias da vida real.
Solución de problemas Resolveranse as coleccións de exercicios propostas para cada tema, permitindo a aplicación dos modelos matemáticos máis axeitados cada caso, incluíndo manexo de táboas, aplicación das hipóteses máis axeitadas, e relación cos contidos teóricos desenvolvidos nas sesións maxistrais e co exercicio profesional. Mostraranse equipos reais relacionados coa materia tanto na aula como no taller.
Traballos tutelados Resolución dos problemas non finalizados nas sesións en clase, con indicacións xenéricas do profesor para a súa resolución e/ou presentación de temas ou problemas de cálculo e deseño de especial relevancia.
Proba obxectiva Realizaranse da orde de 3 probas parciais escritas, con posibilidade de recuperar materia desde a segunda proba . Constará dunha parte teórica e outra práctica, de tal forma que ambas computan polo 50% da nota. Os exames ordinarios e extraordinarios rexeranse polo mesmo formato.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes