Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Tecnoloxías Mariñas
 Asignaturas
  Seguridade Marítima e Contaminación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A61 A59 A48 A43 A37 A36 A34 A33 A28 A27 A24 A21 A19 A18 A15 A11 A10 A9 A4 Exame final (é necesario aprobalo para que se teñan en conta as outras metodoloxías) 100
Sesión maxistral A61 A59 A48 A43 A37 A36 A34 A33 A28 A27 A24 A21 A19 A18 A15 A11 A10 A9 A4 B5 B6 B8 B10 B11 C3 C6 C12 C13 Asistencia 0
Prácticas de laboratorio A61 A48 A43 A37 A36 A34 A33 A28 A27 A24 A21 A19 A18 A15 A11 A10 A9 A4 B5 B6 B8 B10 B11 C3 C6 C12 C13 Obrigatorio superalos para facer media 0
 
Observacións avaliación
Para a superación da materia por avaliación continua, a asistencia mínima ás sesións maxistrais será do 80%

Para a superación da materia por avaliación continua, a asistencia mínima ás prácticas será do 100%

As prácticas da materia, xunto coa superación do resto de metodoloxías, van asociadas á obtención dos seguintes certificados: Formación Básica en Seguridade, Avanzado en Loita C.I. e Embarcacións de Supervivencia e Botes de Rescate non Rápidos. Para a obtención dos devanditos certificados tamén será obrigatoria a realización do 100% das prácticas.

Para facer media hai que superar todas as metodoloxías. Os criterios de avaliación contemplados nos cadros A-III/1 e A-III/3 do Código STCW, e recolleitos no Sistema de Garantía de Calidade, teranse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación. LAS PRÁCTICAS DE SUPERVIVENCIA NA SÚA TOTALIDADE SON OBRIGATORIAS PARA SUPERAR A MATERIA. AS PRÁCTICAS CONTRAINCENDIOS CORRESPONDENTES Á FORMACIÓN BÁSICA SON OBRIGATORIAS PARA SUPERAR A MATERIA.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017) poderá realizar as probas parciais, se as houbere, sen necesidade de asistir o 80% das clases presenciais, sempre e cando os profesores sexan debidamente informados ao principio do curso. Sen menoscabo do anterior, os profesores poderán encargarlle a este alumnado diferentes traballos/problemas ó longo do curso para ser expostos en horario de titorias. Pola propia natureza das prácticas, que non son recuperables, non se contempla dispensa académica para a avaliación das mesmas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes