Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Tecnoloxías Mariñas
 Asignaturas
  Electrónica e Sist. Electrónicos do Buque
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición didáctica, usando diapositivas e pizarra, dos contidos teóricos da materia.
Solución de problemas Formulación e resolución de problemas relacionados cos contidos da materia.
Proba mixta Proba escrita de teoría e resolución de problemas sobre os contidos expostos nas clases expositivas e resolución de problemas de todo o curso, que valorará tanto a comprensión destes contidos como a súa aplicación á resolución de problemas.
Prácticas de laboratorio O alumnado realizará unha serie de prácticas no Laboratorio de Electrónica traballando cunha placa de demostración.
Prácticas a través de TIC O alumnado realizará unha serie de prácticas en PC utilizando o software de simulación de circuítos electrónicos LTspice.
Proba de resposta breve Proba obxectiva de resposta curta para a avaliación dos contidos desenvolvidos nas sesións prácticas de laboratorio e das habilidades adquiridas polo alumnado no manexo da instrumentación electrónica.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes