Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Tecnoloxías Mariñas
 Asignaturas
  Electrónica Dixital
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Electrónica Dixital Código 631G02364
Titulación
Grao en Tecnoloxías Mariñas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Enxeñaría Industrial
Coordinación
Vidal Paz, Jose
Correo electrónico
jose.vidal.paz@udc.es
Profesorado
Rodríguez Gómez, Benigno Antonio
Vidal Paz, Jose
Correo electrónico
benigno.rodriguez@udc.es
jose.vidal.paz@udc.es
Web
Descrición xeral
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non se farán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Traballos tutelados (computa na avaliación) *Metodoloxías docentes que se modifican - Sesión maxistral (a través de Teams e vídeos en Stream) - Prácticas de laboratorio (a través de Teams) (computa na avaliación) - Resolución de problemas (a través de Moodle e Teams) (computa na avaliación) - Proba obxectiva (a través de Moodle e Teams) (computa na avaliación) 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: Diariamente. Uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer seguimento das prácticas, a resolución de problemas e o traballo tutelado. - Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen dos contidos teóricos de todos os temas. Tamén dispoñen dos enunciados de prácticas e problemas, así como vídeos de elaboración propia en Stream para complementar os contidos teóricos. Tamén se lles proporcionan enlaces directos á bibliografía dispoñible na UDC. - Teams: 1 sesión semanal de 2 horas en grupo único para avanzar nos contidos teóricos na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da escola. Outra sesión semanal de 2 horas en grupo único, tamén na franxa horaria que ten asignada a materia, para o seguimento e apoio das prácticas, a resolución de problemas e do traballo tutelado. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades de aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación - Tanto a proba obxectiva, como a presentación de prácticas, entrega de problemas e defensa do traballo tutelado, pasarán de ser presenciais a ser on-line a través de Teams. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo de maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes