Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Tecnoloxías Mariñas
 Asignaturas
  Electrónica Dixital
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A18 B10 C12 20
Solución de problemas A13 B1 B2 B4 B11 C6 C10 C11 C12 C13 Ao final das clases de problemas o profesor proporá un problema que o alumnado debe resolver no aula e entregar ao final da clase. 20
Prácticas de laboratorio A73 A72 A71 A70 A69 A68 A67 A66 A65 A64 A63 A62 A18 A15 A13 B1 B4 B10 B11 C10 C11 C12 C13 Valorarase a asistencia, a actitude no transcurso das prácticas, e os resultados acadados nas mesmas.

O alumnado terá que defender a práctica ante as preguntas do profesor, e demostrar que funciona correctamente, realizando as medidas que precise cos aparatos de medida cos que conta o laboratorio.
20
Traballos tutelados A13 A15 A18 A63 A68 B2 B4 B10 B11 C6 C10 C12 C13 40
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade

Para poder aprobar a materia será necesario:

  • Modalidade de Avaliación Contínua.
  • Alcanzar unha Nota total (prácticas + problemas + traballo + presentación) como mínimo do 50% da nota máxima.
  • Entregar as prácticas e problemas nas datas que se indiquen.
  • Entregar e expoñer o traballo tutelado final na data que se indique.
  • Exame final: aqueles alumnos que non acaden a nota suficiente para aprobar, examinaranse do temario completo, e o 100% da nota virá desta proba obxectiva.

Segunda oportunidade

Para poder aprobar nesta oportunidade

  • Aplicaranse os mesmos criterios para aprobar que na primeira oportunidade.
  • Gardaranse as notas das partes que se tiveran aprobado na primeira oportunidade.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017):

 - Asistencia/participación nas actividades de clase mínima: pode ser compensada coa resolución dos problemas e o desenvolvemento do traballo tutelado a distancia (embarcado), realizando as titorías a través do correo electrónico, da plataforma virtual Moodle e por videoconferencia con Teams.

 - Se lle proporcionará un kit de circuitos dixitais para que poda realizar as prácticas de laboratorio propostas, as cales poderá entregar por videoconferencia con Teams.

 - Presentación oral: poderá realizarse a distancia (embarcado) por videoconferencia a través de Teams.

 - Calificación: aplicaranse os mesmos criterios.

Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-III/6 do Código STCW, e recollido no Sistema de Garantía de Calidad, teranse en conta á hora de diseñar e realizar a avaliación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes