Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Tecnoloxías Mariñas
 Asignaturas
  Redes e Comunicacións
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Redes e Comunicacións Código 631G02366
Titulación
Grao en Tecnoloxías Mariñas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Barreiro Alvarez, Manuel
Correo electrónico
manuel.barreiro@udc.es
Profesorado
Barreiro Alvarez, Manuel
Correo electrónico
manuel.barreiro@udc.es
Web
Descrición xeral
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Sen cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen *Metodoloxías docentes que se modifican • As sesións maxistrais adáptanse para a súa impartición por vía telemática. • As prácticas de laboratorio pendentes de realización por mor da supensión da docencia presencial o 13 de marzo modifícanse ou substitúense por traballos que poidan ser realizados de forma non presencial, cos medios a disposición dos alumnos. • Modifícase o procedemento de avaliación (descrito máis abaixo). • Adóptanse procedementos de atención personalizada por vía telemática. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado * Microsoft Teams. Sesións planificadas dúas/tres veces á semana, en horarios coincidentes cos horarios oficiais, ou en sesións ad hoc de duración e horario acordados cos alumnos. Dispoñibilidade diaria para consultas ou titorías, uso esporádico. * Whatsapp: Grupo de whatsapp con todos os alumnos, para coordinación de actividades e resolución de dúbidas puntuais, co consentimento do alumnado; tamén intercambio de información (fotos, algúns documentos). Uso frecuente, varios días á semana. Whatsapp persoal para atención personalizada ao alumno. Uso esporádico. * Teléfono: Atención personalizada. Uso esporádico. * Email: Uso puntual, principalmente para entrega de traballos ou referencias. * Moodle: Uso puntual para difusión de documentación e novas. 4. Modificacións na avaliación Proba obxectiva. Peso 30%. Proba obxectiva que inclúe cuestións e exercicios adaptada para realizar de xeito non presencial (antes o seu peso era dun 50%). Prácticas de Laboratorio. Peso 40%. Valoración das prácticas presenciais realizadas e das novas prácticas non presenciais propostas (mesmo peso na nota final). Aprendizaxe colaborativa. Peso 30%. Avaliación continua, considerando a participación do alumnado, a súa actitude e a calidade dos traballos propostos entregados. (antes 20%). A avaliación da segunda oportunidade farase da mesma forma que a primeira oportunidade. *Observacións de avaliación: 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Sen cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes