Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Tecnoloxías Mariñas
 Asignaturas
  Prácticas en Simulador
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Realizarase a explicación detallada dos contidos da materia e que se distribúen en temas. O alumno contará en todo momento con material bibliográfico, en ocasións mecanografado, do tema para tratar en cada sesión maxistral. Foméntase a participación en clase, a través de comentarios que relacionan os contidos teóricos con experiencias da vida real.
Proba mixta Realizarase unha proba global, co fin de que o alumno demostre os coñecementos e as destrezas adquiridas durante o curso.
Consistirá nunha proba práctica #ante o simulador, cuxa puntuación complementará a obtida na avaliación continua.
Os exames ordinarios e extraordinarios rexeranse polo mesmo formato.
Simulación Aplicaranse os conceptos desenvolvidos na sesión maxistral previa sobre un sofware de simulación, no que o alumno levará a cabo tarefas de condución, supervisión, control e solución de anomalias.
Ao final de cada simulación o alumno entregará unha memoria das cuestións propostas, que puntuarán na avaliación continua.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes