Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Tecnoloxías Mariñas
 Asignaturas
  Fundamentos de Programación
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Fundamentos de Programación Código 631G02511
Titulación
Grao en Tecnoloxías Mariñas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Electrónica e Sistemas
Coordinación
Vidal Paz, Jose
Correo electrónico
jose.vidal.paz@udc.es
Profesorado
Vidal Paz, Jose
Correo electrónico
jose.vidal.paz@udc.es
Web
Descrición xeral Fundamentos de Programación é unha materia optativa impartida no 1º cuadrimestre do itinerario de Mantemento e Instalacións do Grao en Enxeñaría Marina. É unha materia que introduce ao alumno nos principios básicos da Algoritmia e a Programación de Computadores. O seu obxectivo é doble: a) proporcionar as capacidades necesarias aos alumnos para a resolución de problemas por medio do deseño de algoritmos nos que apliquen os principios da programación estruturada; e b) a adquisición por parte dos alumnos de bos hábitos de programación no desenvolvimento de programas correctos e ben estruturados manexando unha linguaxe de programación estruturada e as estruturas de datos mais habituais na Programación de Computadores. Os seus contidos teñen unha clara aplicación práctica na futura vida profesional dos egresados da titulación. As competencias adquiridas nesta materia proporcionanlle ao alumno técnicas xenéricas para abordar e prantexar solucións algorítimicas na resolución de problemas e coñecementos mais específicos sobre a maneira de desenvolver programas de computador utilizando unha linguaxe de programación. Polo tanto ademais da capacidade de programar computadores, que é unha competencia cada vez mais demandada no campo profesional debido á crecente utilización de equipamientos industriáis e ferramentas informáticas con capacidades programables, o alumno adquirirá as habilidades propias da programación estruturada á hora de prantexar solucións a problemas (tales como a descomposición modular, a abstracción, etc.), que teñen unha aplicación mais xeral en diferentes ámbitos da vida profesional. No que respecta á relación con outras materias da titulación, contidos como a representación dos datos nun computador, a lóxica booleana das condicións, as estruturas de control dun programa, etc. teñen aplicación en materias como Fundamentos de Regulación e Control, Automatización e Control de Procesos, Automatización con PLCs e Instrumentación Industrial ou Sistemas Electrónicos de Adquisición de Datos.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes