Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Máquinas Navais
 Asignaturas
  Matemáticas I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A73 B1 B3 B4 B6 B8 B9 B10 B14 B15 B16 C1 C3 C7 C8 Traballos propostos.
15
Proba obxectiva B1 B8 B11 B14 B15 C1 C7 C8 C9 Comprobación dos coñecementos e capacidade de resolución de problemas.
60
Sesión maxistral A75 B3 B5 B6 B17 B18 C8 C9 Preguntas sobre cuestións teóricas 10
Solución de problemas A73 A74 A75 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B17 C1 C7 C8 Resolver problemas. 15
 
Observacións avaliación

Os estudantes que participan no sistema EEES, deberán acudir a un
mínimo do 80% das clases. A avaliación continua, mediante probas
que se poden plantear tanto en sesións maxistrais como interactivas, supón o
40% da nota. Ó longo do cuatrimestre realizaranse dúas probas parciais que
permiten acadar o restante 60% da nota.

Os estudantes que teñan realizado a avaliación continua pero non
superasen a materia trala realización dos parciais, terán a oportunidade de
acadar o restante 60% da nota nun examen final de toda a asignatura na
primeira ou segunda oportunidade. Os parciais non eliminan materia.  Un
alumno que non aprobe a materia trala realización dos parciais e que non se
presente ós exames finais, será cualificado como NON PRESENTADO.

Os estudantes que decidan NON participar no sistema EEES serán
avaliados a través dunha Proba Obxetiva que constituirá o 100% da avaliación,
consistente nunha proba individual de asimilación de coñecementos teóricos e
prácticos.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica
, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE
DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5)
(04/05/2017), e queira manterse na vía do EEES e beneficiarse da avaliación
continua, DEBERÁ INDICALO Ó PRINCIPIO DO CUADRIMESTRE e asistir ó 50% das
clases interactivas. No caso de non poder asistir ás prácticas deberá asistir a
titorías onde realizará probas equivalentes.



A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a calificación de
suspenso, nota numérica de 0, na convocatoria correspondente, invalidando
calquera calificación obtida nas probas ou actividades de avaliación
, tal e
como se establece na normativa académica vixente na UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes