Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Máquinas Navais
 Asignaturas
  Química
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral • Duración de aproximadamente unha hora e se impartirán no horario aprobado pola Xunta de Centro.
• As clases serán do tipo lección maxistral nas que o/a profesor/a presentará os temas de la asignatura co apoio, de selo caso, dos medios audiovisuales necesarios, indicando @s alumn@s o máis importante a ter en conta á hora do estudio e recomendándoles capítulos de libros, e/ou outros materiais, adecuados para a súa maior compresión.
• Incentivarase a participación d@ estudante nas clases, o que pode incluir a realización de tests; non obstante, nas clases de seminario e titorías, @ alumn@ ten máis oportunidade para resolver todas aquelas dúbidas que lle tiveran xurdido durante o seu estudio.
• O/a profesor/a facilitará o acceso d@s estudantes o material audiovisual utilizado nas clases, así como outro tipo de material complementario, para que lles sirva na súa aprendizase. O acceso os devanditos materiais será ben a través do Campus Virtual da Universidade ou de aplicacións similares.
Prácticas de laboratorio • Asistencia obrigatoria.
• Realizaranse no laboratorio de Química nos días e horas que establece o correspondente calendario, en grupos preferentemente de non mais de 10 estudantes.
• O remate das mesmas, e nas datas establecidas, deberá entregarse a libreta de laboratorio coas actividades que se indiquen para a súa avaliación.
• A non asistencia ás prácticas de laboratorio supón o suspenso da asignatura. En casos xustificados pódese suplir a asistencia mediante a realización dun exame práctico relacionado coas prácticas á que non se asistiu.
Seminario • Permiten o/a profesor/a coñecer o grao e os erros de aprendizaxe, as carencias e limitacións no uso das ferramentas de traballo.
• Como regra xeral impartiranse o remate de cada bloque teórico do programa.
* Plantearanse casos prácticos ou ben resolveranse dúbidas. Existe a posibilidade de realizar probas tipo test.
Simulación Realizaranse simulacións por ordenador dos temas que así o requiran. Para elo convocarase os/as estudantes con antelación para que acudan cos aparellos electrónicos correspondentes e/ou a un aula que dispoña dos mesmos.
Proba mixta • Examen final de ata catro horas de duración que terá preguntas curtas e/ou tests e problemas. Entre as preguntas haberá unha relativa á prácticas de laboratorio.

• Existe a posibilidade de realizar doas probas parciais liberatorias de parte da asignatura, sempre e cando se faga a petición o/a profesor/a e ésta sexa respaldada alomenos polo 50% d@s estudantes. As condicións para participar nas probas parciais están indicadas na sección de avaliación.
Proba de resposta múltiple O longo do curso realizaranse unha serie de probas para avaliar a aprendizaxe dos conceptos, destrezas, competencias e habilidades asociados á asignatura. Esta actividade pode implicar o emprego de plataformas como o Campus Virtual, ferramentas a dispor no paquete Office365 e/ou aplicacións dispoñibles en Internet.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes