Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Máquinas Navais
 Asignaturas
  Química
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A8 A9 A10 A12 A16 A17 A33 A73 A74 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B14 B15 B16 B18 C1 C2 C3 C4 C7 C9 • Esta valoración será un 20% da nota final: 10% realización das prácticas e 10 % confección da libreta de laboratorio.
• A non asistencia á prácticas de laboratorio supón o suspenso na asignatura. En casos moi xustificados pódese suplir a asistencia mediante a realización dun exame práctico relacionado coas prácticas non realizadas.
20
Seminario A9 A10 A12 A13 A17 A32 A73 A74 B6 B5 B4 B3 B2 B1 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B17 B18 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 • A participación activa nos seminarios representa un 15% da cualificación final. Valórase a participación resolvendo problemas, prantexando dúbidas, e respostando cuestións que indique o/a profesor/a. así como a entrega dos exercicios propostos. 15
Proba mixta A9 A10 A12 A13 A17 A32 A33 A49 A61 A67 A73 A74 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B14 B15 B16 C1 C2 C3 C6 C9 • A cualificación do exame equivaldrá o 50% da nota do curso (repartido do seguinte xeito: o 40% corresponderá á teoría, o 50% problemas e o 10% restante ás preguntas laboratorio).
• Unha nota inferior a 4 en teoría ou en problemas suporá o suspenso da asignatura. Aquelas notas comprendidas entre un 4-5 poderán compensarse coas puntuacións das outras actividades avaliables. Senon é así, manterase a nota da parte compensable ata a segunda oportunidade dentro do mesmo curso académico
• No caso de realizarense exames parciais, para aproba-la asignatura debe obterse neles unha nota superior a 4. Pode compensarse a nota suspendida, entre 4 e 5, coas puntuaciónes das outras actividades avaliables, e de non ser así, terase en conta a nota compensable ata o exame final (primera e/ou segunda oportunidade) dentro do mesmo curso académico.
50
Simulación A8 A9 A10 A12 A13 A17 A32 A33 A49 A61 A67 A74 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B17 B18 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 C9 • A valoración desta parte da asignatura contará un 5% da cualificación total. O/a alumno/a deberá obter resultados con programas de simulación e saber interpretarlos.
5
Proba de resposta múltiple A9 A10 A12 A13 A17 A32 A33 A49 A61 A67 A73 A74 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B14 B15 B16 C1 C2 C3 C8 C9 Este conxunto de probas, exclusivamente ON-LINE, computará un máximo dun 10% sempre e cando se realicen nos prazos sinalados. 10
 
Observacións avaliación

Para superar a asignatura será sempre preciso obter, tanto na proba obxetiva como na simulación e nas prácticas de laboratorio unha nota non inferior a 4.0 sobre 10, e acadar unha nota global mínima de 5.0 sobre 10 (a contribución de cada actividade avaliable á cualificación global é a indicada nesta guía docente). 

Dacordo cos profesores, os/as estudantes que no aprobaren na primera oportunidade -según se indica no apartado anterior- poden conservar, para a segunda oportunidade, as cualificaciones obtidas nas outras actividades avaliables con cualificación igual ou superior a 4.0 sobre 10. O igual que antes, o aprobado implica acadar unha nota global mínima de 5.0 sobre 10 (a contribución de cada actividade avaliable á calificación global é a indicada nesta guía docente).

En ambas oportunidades de non acadar a nota mínima de 4
sobre 10, esixida nas actividades para as que previamente así se ten
establecido, e, nembargante, a media ponderada é igual ou superior a
5 sobre 10, a asignatura figurará suspensa coa cualificación de 4.5 sobre 10. Os/as estudantes que teñan
aprobada a proba mixta e que a súa media ponderada sexa inferior a 5.0 sobre 10,
excepcionalmente e segundo o criterio do profesorado da asignatura, poderán
someter a valoración unha nova versión do exercicio de simulación. seminarios e/ou da
libreta de laboratorio. Neste caso o/a estudante se lle solicitará a realización e entrega do devandito material fora do período de exames da correspondente
oportunidade, isto sempre que os prazos razoablemente o permitan.

Para presentarse ás probas parciais, de existir, será preciso obter a cualificación establecida polo profesorado da asignatura nos correspondentes tests relativos á formulación e nomenclatura dos compostos químicos.

Cualquier estudiante que realice actividades avaliables considerase como presentado sempre e cando as mesmas representen máis do cuarenta por cento da nota global.

Polo que atinxe o alumnado con
recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de
asistencia
[segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017)] son de aplicación os criterios anteriores agás a asistencia ás sesións maxistrais e a asistencia e
participación nos seminarios, elo sempre e cando o profesorado sexa debidamente informado o principio do curso. Neste caso disporán das actividades a realizar
nos seminarios, que deberán entregar/enviar segundo se indique no Campus Virtual e/ou
polo medio telemático que oportunamente se estableza. Sen menoscabo do anterior, o profesorado poderá encargarlle a este alumnado diferentes traballos/actividades/problemas ó longo do curso para ser expostos en horario de titorias.

Por lo que atinxe a sucesivos cursos académicos, o proceso de ensinanza-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico, e, polo tanto, tódaslas actividades deben de volver a realizarse coa novo curso.

Durante a realización da proba obxectiva, en calquera de ambas oportunidades, agás que se indique o contrario, está prohibido o uso de cualquera dispositivo con acceso a Internet. Pese a que non se aconsella traer ditos dispositivos á devandita actividade, poderá habilitarse un espazo para o seu almacenamento, sen que elo implique ningún tipo de responsabilidade de custodia por parte da UDC, da Escola ou dos profesores presentes durante a proba obxectiva. Se durante a realización da proba obxectiva, hai indicios do uso non autorizado deses dispositivos, automaticamente @ estudante será expulsado do aula, a proba obxectiva cualificada con suspenso ("0") e se informará por escrito á dirección do centro segundo establece a normativa correspondente.

A realización fraudulenta das probas ou actividades avaliables implicará directamente a cualificación de suspenso ("0") na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á seguinte convocatoria, de existir, dentro do mesmo curso académico. Igualmente considérase fraudulenta a realización de actividades, avaliables ou non, propostas a ser completadas nas sesións presenciais e se fagan dende fora do aula. Neste caso a sanción aplicarase tanto @ estudante que a realice fora da aula como a quen proporcione o correspondente contrasinal.

Aclaracións en relación o convenio STCW. Co gallo de facilita-la adquisición de competencias segundo o convenio STCW nas asignaturas específicas desta titulación, a avaliación tense adaptado de xeito que é consistente
cos criterios de avaliación da competencia recollidos na Columna 4 dos seguintes
cadros do Convenio STCW, modificado por Manila 2010:

  • Cadro A-V/1-1-1. Especificación das normas mínimas de competencia
    en formación básica para operacións de carga en petroleiros e quimiqueiros.
  • Cadro A-V/1-1-2. Especificación das normas mínimas de competencia
    en formación avanzada para operacións de carga en petroleiros.
  • Cadro A-V/1-1-3. Especificación das normas mínimas de competencia
    en formación avanzada para operacións de carga en quimiqueiros
  • Cadro A-V/1-2-1. Especificación das normas mínimas de competencia
    en formación básica para as operacións de carga en buques tanque para o
    transporte de gas licuado.
  • Cadro A-V/1-2-2. Especificación das normas mínimas de
    competencia en formación avanzada para operacións de carga en buques tanque
    para o transporte de gas licuado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes