Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Máquinas Navais
 Asignaturas
  Informática
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Informática Código 631G03004
Titulación
Grao en Máquinas Navais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Vidal Paz, Jose
Correo electrónico
jose.vidal.paz@udc.es
Profesorado
Vidal Paz, Jose
Correo electrónico
jose.vidal.paz@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia encádrase dentro das materias básicas das enxeñarías, e máis concretamente considérase como unha materia transversal porque as competencias adquiridas son importantes para cursar a maioría das materias da titulación. No ano 2017, o Comité de Seguridad Marítima da IMO publica a resolución MSC.428(98) relativa á xestión dos riscos cibernéticos no sector marítimo nos sistemas de xestión da seguridade, a cal entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2021. Asimesmo, tamén publica as "Guías sobre gestión del riesgo cibernético”, que proporcionan recomendacions que se deben adoptar a bordo dos buques. Estas novas necesidades xurdidas nestes últimos anos supuxeron un punto de inflexión no sector marítimo, no cal se lle comenzou a dar unha maior importancia á seguridade dos seus sistemas IT/OT. As competencias adquiridas nesta materia serán de gran importancia para o desenrolo da profesión dos futuros egresados en Máquinas Navais, porque poseerán coñecementos sobre o tipo de riscos cibernéticos aos que van a estar expostos, e estarán capacitados para tomar medidas preventivas, analizar rexistros de acceso para detectar incidentes e executar unha política de copias de seguridade para poder recuperar os equipos ao seu estado operativo inicial. Dentro do plan de estudos, aínda que esta materia pódese considerar relacionada con case todas as da titulación, garda unha estreita relación coas Matemáticas (resolución de problemas, representación e interpretación de resultados), así como con Electrónica e Sistemas de Control (codificación da información, hardware, redes), e varias do itinerario ETO, como son Fundamentos de Programación, Electrónica Dixital ou Automatización de Instalacions do Buque. Tamén se considera que está relacionada co Inglés, pois moita da información a manexar (libros, Internet, manuais, videotutoriais, ...) atópase neste idioma.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Traballos tutelados (computa na avaliación) *Metodoloxías docentes que se modifican - Sesión maxistral (a través de Teams e vídeos en Sharepoint) - Solución de problemas (uso de Teams e Campus Virtual) (computa na avaliación) - Prácticas a través de TIC (uso de Teams, Campus Virtual e escritorios VDI) (computa na avaliación) - Estudo de casos (uso de Teams, Campus Virtual e escritorios VDI) (computa na avaliación) - Prácticas de laboratorio (adoptaranse as medidas sanitarias establecidas polas autoridades, reducíndose o tamaño dos grupos se fose preciso) (computa na avaliación) - Proba mixta (uso do Campus Virtual da UDC e Teams) (computa na avaliación) 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: Diariamente. Uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer seguimento da resolución de problemas e os traballos tutelados. - Campus Virtual: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen dos contidos teóricos de todos os temas. Tamén dispoñen dos arquivos para a sua descarga nos que teñen que resolver exercicios prácticos, e vídeos de elaboración propia en Sharepoint para complementar os contidos teóricos. Ademáis, dispoñen de enlaces a páxinas web nas que poderán descargar o software opensource necesario para o seguimento da materia, así como tutoriais e vídeos. Tamén se lles proporcionan enlaces directos á bibliografía dispoñible na UDC. - Teams: 1 sesión semanal de 2 horas en grupo único para avanzar nos contidos teóricos na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da escola, así como para a presentación oral. Outra sesión semanal de 2 horas en grupos medianos, tamén na franxa horaria que ten asignada a materia, para o seguimento e apoio das prácticas e dos traballos tutelados. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades de aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación - A proba mixta pasará de ser presencial a ser on-line. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo de maneira dixitalizada no Campus Virtual da UDC.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes